sábado, 20 de xuño de 2015

Torta San Marcos

Veña... que xa botabamos en falta a nosa especialidade, ou canto menos o que máis nos gusta preparar, as tortas. E hoxe unha torta clásica que tiñamos anotada hai tempo: torta San Marcos. Unha oda ao doce que se remonta ao século XII, onde se elaborou por primeira vez no Convento das Monxas de San Marcos. Xa sabedes a sona que teñen as monxas de reposteiras... E neste caso vaia xoia nos deixaron.
Ten moito de especial esta dozura, como as améndoas nos laterais, a trufa e sobre tomo esa xema á que lle pasamos o soprete, co que, por certo, nos estreabamos. A verdade, é ben cómodo, e o resultado do seu uso ben significativo.
Unha torta así tiña que se corresponder cunha boa celebración e así foi. Elaborámola especialmente para sorprender e agradar a unha moi boa amiga que estaba de aniversario. Parece que @s comensais quedaron satisfeit@s.

Torta San Marcos


Ingredientes (para un molde de 26 cm):
  • 1 biscoito xenovés (receita aquí)
  • 1 litro de nata 35% materia graxa
  • 300 gr de azucre
  • 80 gr de cacao en po
  • 3 ovos
  • Zume de limón
Para decorar:
  • 100-120 gr de améndoa 
  • Boliñas de chocolate

Utensilios: molde para forno, coitelo, batedor eléctrico ou manual, espátula, cazo e soprete. 


Elaboración:

Para comezarmos temos de elaborar o biscoito xenovés, tedes unha receita aquí, o único cambio foi que utilizamos 5 ovos en lugar de catro. Deixamos arrefriar completamente e coa axuda dun coitelo, ou dunha lira, dividímolo en tres partes coidadosamente.



De seguir, temos de preparar as dúas cremas coa que a imos reencher. Para a primeira delas só temos de montar 500 ml de nata con 60 gr de azucre. Lembrade que a nata debe estar moi fría; eu recoméndovos, refrixerar tamén o batedor. Reservamos no frigorífico.


Para a segunda crema, a trufa, montamos a nata con 60 gr de azucre e o cacao en po. Reservamos no frigorífico. 

Comezamos a montar a nosa torta! Poñemos no prato escollido a capa do medio, ou a superior do biscoito e estendemos a trufa. 




 Tapamos coa capa superior, ou coa do medio do biscoito (depende da que escollerades antes)  e esparcimos unha boa capa de nata, reservando unha pouquiña para os bordos. 



Cubrímola coa parte baixa do biscoito, para que a superficie quede máis plana e a presentación quede mellor, e estendemos polos bordos a nata que reservamos anteriormente. Reservamos no frigorífico mentres preparamos a xema. 



Para prepararmos a xema, temos de bater en frío os tres ovos con 150 gr de azucre.



Despois, colocámolas no lume, que debe estar medio-baixo (sobre o 5-6), e movémolas, coa axuda dunha espátula, até que espesen bastante véndomos como se comeza a despegar do fondo. 


Esténdemos a xema sobre a torta.



Empoamos cos 30 gr de azucre que nos quedan e queimámolo coa axuda do soprete.




Para decorala, colocamos améndoa polos bordos da torta e por riba pomos unhas boliñas de chocolate. Refrixeramos 4-5 horas, aínda que estará máis saborosoa dun día para outro, e xa estaría preparada para comer! 

                                   
Certo é que adoitamos ficar moi satisfeitos coas tortas, mais esta nunca a coméramos e gustounos moitísimo. De feito, decidímonos a facela, despois de tempo no maxín, por ver a súa elaboración no coñecido programa MasterChef. Non podemos comparar pois, con outras tortas San Marcos, mais esta de seguro que vos ha de encantar cando a probedes. E se vós xa a tedes probado, podédes comentarnos como foi despois de a preparardes. Veredes que ben! 
Pasade un bo sábado de sol, e desfrutade desta delicia ideal para as xornadas de festa que se aproximan. Unha forte aperta!


2 comentarios:

  1. Uummmm relamiendome me tienes que lo sepas ,que pintazaaaaaaaaaa tiene madre me encanta esta tarta no sabes lo que siento no poder tomar un trozo los invitados no dejarian de hacerte la ola.
    Bicos mil y feliz domingo wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahahaha! A próxima vez xa te aviso para que a veñas probar!!
      Moitas grazas por todo!
      Un bico

      Eliminar