Bo día, bolboreteir@s! Continuamos coa tendencia das últimas semanas con pratos de comida rápida e reparamos que até o momento non había un bocadillo no blogue. Mimá! Menús de todo tipo e con alimentos varios e faltaba un clásico da nosa alimentación.
E víndonos á idea á mente pensamos naqueles bistés da matanza que tan ben sabían e que comiamos con nada máis que pan. E aínda que non contamos con materia prima de tanta calidade desta volta, decidimos retomar a idea dándolle unha volta e facendo un conxunto ben apetitoso. Ben mesto, ben substancioso. Un bocadillo con todas as letras e moi diversos sabores que casan con moito xeito.
Mesto de bisté
Ingredientes (para 2 persoas):
- 2 anacos de pan
- 2 filetes porco/tenreira
- 2 follas de leituga
- 1 aguacate
- Uns anacos de queixo
- 2-3 culleradas de mostaza
- Pementa moída
- Allo en po
- Curry
- Sal
Utensilios: unha prancha, un coitelo e un prato.
Elaboración:
Primeiramente debemos abrir o pan e torralo na prancha.
De seguir, untámolo coa mostaza e reservamos.
Mentres tanto, adobamos os filetes co curry, o allo, a pementa moída e o sal (se queremos que teñan máis sabor, podémolo facer un par de horas antes) e fácemolos, tamén, na prancha.
Colocamos o filete sobre o pan coa mostaza.
Poñemos os anacos de queixo.
E o aguacate, que podemos sazonar cun chisco de sal e pementa moída.
E, por último, a leituga, ben lavada e seca.
Tapamos o bocadillo coa outra tapa do pan.
E xa estaría listo para comer! Agardamos que vos guste e que nos contedes cal é o voso bocadillo preferido!
Está claro que un bocadillo pouca ciencia de elaboración ten mais si de darmos coa clave de xuntarmos os produtos adecuados. Nós somos bastante clásicos canto a este tipo de pratos e adoitamos mesturar pan, xamón e tomate mais desta volta preparamos un mesto ben completo e diverso.
Agardamos que encontredes tanto pracer nesta combinación coma nós. Desfrutádeo! Unha fortísima aperta, amig@s!
Me encanta no lo siguiente ,que sepais que ya lo he guardado en pendientes de hacer no deja de decirme comeme ,os ha quedado de relujo y seguro sabe mejor.
ResponderEliminarUummmmmmmmmmm relamiendome me marcho mira que sois tentadores.
Bicos mil wap@s.
Pois xa nos contarás que tal, aínda que non temos dúbida de que che vai encantar!!
EliminarMoitos bicos e grazas por pasarte!