Bo día, bolboreteir@s! Como vai todo? Agardamos que ben. Supomos que moitos, agardando xa ansiosos a chegada do verán con esta espera de alternativas climáticas que tan ben representa a estación primaveral.
Hoxe estamos ben contentos porque vos imos presentar un dos nosos pratos favoritos, ou canto menos a variante dun dos nosos pratos favoritos. Desde que descubrimos os spaguetti de cabaciña, a nosa cociña non vive sen esta verdura pois é un recurso inmellorábel para xantares e ceas. Rápido e sumamente saudábel.
Ademais, esta versión que hoxe vos traemos é moi especial, aínda que isto entenderédelo algunhas persoas co paso do tempo. Non vos queremos desvelar a fin destas cazoliñas que fican de luxo en calquera mesa, ben do día a día ou ben para unha xornada do máis especial.
Imos por elas!!
Cazoliñas de spaguetti de cabaciña con gambas ao allo
Ingredientes:
- 2 cabaciñas
- 250 g de gambas
- 1/2 cebola
- 2 dentes de allo
- 1 chile
