Dixémosvos que estivérades atent@s porque hoxe había unha sorpresa xa que aproveitamos o que nos sobrou da última receita para elaborar un prato que vos ha de sorprender. Xa había tempo que pensáramos en facer algo similar, mais ao termos xa un pouco de pasta con carne picante feita pois... era o momento. Dous produtos típicos da nosa amada Italia fusionados cun sabor gozoso, e logrando un prato do máis farturento.
Ao final fica unha mestura de bocata, pizza, prato de pasta... XD Se na cociña todo é probar, e a maioría das veces estas tentativas son do máis positivas. Hai que potenciar a capacidade creativa :-) Así aproveitamos para probar cunha nova masa de pizza, en harmonía coa pasta. Ás veces temos certos prexuízos arredor do integral, mais con esta receita demóstrase que se poden lograr cousas do máis gorentosas!
Pizza integral enrolada de pasta
Ingredientes:
Para a masa:
- 400 gr de fariña integral
- 150 ml de auga, aproximadamente
- 8 gr de lévedo de panadaría
- 2 culleradas de aceite
- 1 culleriña de alfábega
- 1 culleriña de ourego
Para o recheo da pizza: