BO NADAL!!!!!! 24
de decembro, xa chegou o día que moit@s agardabamos , especialmente @s máis
pequen@s que hoxe han de recibir, con seguridade a visita do noso grande amigo
O Apalpador!! É amigo de verdade xa que nos encargou hai tempo que propuxeramos
receitas ben gorentosas para que as probasen a facer en moi diferentes fogares
e así despois, @s cativ@s non teren o bandullo baleiro. Así que, xa sabedes,
hoxe comede todos moi ben, que estamos na tempada de excesos.
E por iso,
presentámosvos unha receita moi moi sinxela e idónea para facerdes pola tarde.
Un dos doces máis comúns nestas datas, ben contundentes e que practicamente
imposibilitan falarmos cando os estamos mastigando J Xa
sabedes, os polvoróns, aínda non sendo unha sobremesa tradicional galega do
Nadal, si leva moito tempo asentada nos nosos menús natalicios. E como sempre
vos dicimos, se se poden elaborar na casa, para que mercalos?? E nada, entre
que se fai o polo no formo, se coce o mollo das ameixas ou preparades o peixe, dávos
tempo de facerdes polvoróns.
O nome deste
produto vén dado pola sensación de po que dan, unha vez listos para degustar.
Parece que a súa orixe está na Andalucía do século XVI (algúns din en
Antequera, outros en Estepa) por mor do exceso de trigo e de manteiga. Hoxe en
día, hai localidades españolas especializadas na súa produción como Tordesillas
ou a propia Estepa. O seu consumo expandiuse non só á Península, senón tamén a
outros territorios.
Polvoróns caseiros
Ingredientes:
- 200 gr de fariña
- 100 gr de manteiga
- 75 gr de azucre glas
- 75 gr de améndoa moída
- 1 cullerada de cacao puro
- 1/2 culleriña de canela