Bo día, bolboreteirxs 🤗! Que tal estades? Hoxe traémosvos u ha receita sinxela, rápida e deliciosa 😋, que faremos só con 4 ingredientes (+). A pera vai ser o ingrediente principal, dálle un toque fantástico e difícil de recoñecer! Coa excusa de coñecer á pequena da casa, estamos tendo moitas visitas e intentamos facer algunha rceitiña para sorprendelxs e que leven un bo sabor de boca, e esta foi unha desas receitas escollidas!
O máis importante a receita é escoller a froita madura, e unha varidade que teña moito sabor, para que sexan máis deliciosas 🥰🤤! Aquí vai a receita:
Donuts de pera e améndoa
Ingredientes:
- 250 g de pera 🍐
- 160 g de fariña de améndoa.
- 4 ovos
- Unha cullerada de lévedo en po