Ola de novo!! Nun día como hoxe é case obrigado subir a receita do Roscón de Reis, tamén coñecido como Pan de ovo. Vén sendo unha tradición xa mercar esta sobremesa típica, mais recoméndovos encarecidamente que se tedes un pouquiño de tempo probedes a facela. Aforraredes cartos e podédelos elaborar o máis personalizados que quixerdes. Seguramente na vosa casa non o volvades mercar debido ao éxito que suporá!
Roscón de Reis
- 600 gr de fariña (igual vos fai falla algo máis)
- 100 gr de manteiga
- 100 gr de azucre
- 2 ovos
- Raiadura de laranxa e limón
- 1 culleriña de ron (opcional)
- 1 culleriña de azahar
- 200 ml de leite
- 20 gr de levadura de panadeiro
- Un chisco de sal
- Para a decoración: froita cristalizada, azucre. abelás e améndoas
- Para o recheo: crema pasteleira, crema de chocolate, nata...