Bo día, bolboreteir@s! Hoxe levantámonos moi lambóns así que dixemos, e por que non presentamos hoxe unha larpeirada potente? E así foi que trouxemos esta torta de tres froitas que non deixa nada que envexar á de tres chocolates, por poñer un exemplo.
Esta creación veu dada con motivo do pasado Día da Nai, no que algunhas eramos homenaxeadas por primeira vez. Procuramos na rede ideas de tortas e vimos que a combinación das cores derivadas das froitas quedaban moi ben así que pensamos en procurar unhas ben intensas en cor para facer unha fermosa combinación.
Aquí tedes os pasos e o resultado.


