Amosando publicacións coa etiqueta santiago. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta santiago. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de xullo de 2015

Torta de Santiago

Día de receita e non un día calquera xa que hoxe celebramos o Día da Patria, unha xornada que Castelao definía como  "a festa maor de Galicia, a festa de todol-os galegos" e que debe dar pé a nos reivindicar como nación demostrando a unidade necesaria mais tamén para festexar e exhibir a nosa identidade galega. Alén da nova entrada no blogue, hoxe poderedes encontrar no Sermos Galiza un artigo que elaboramos a respecto da que consideramos unha sobremesa simbólica para este 25X: A torta de Santiago e o éxito das améndoas na Galiza.
Matinamos alí un pouco sobre a orixe da sobremesa, sendo moi discutíbeis algunhas das teorías existentes mais o que tod@s podemos confirmar é que é unha das xoias da nosa repostaría que alcanzou unha dimensión internacional grazas á chegada de miles de peregrinos cada día a Santiago. Ademais resulta moi curioso ese éxito dos amendoados na Galiza cando nunca fomos terra de destacar polas amendoeiras e si por outras árbores frutais.
E o bo desta larpeirada está na súa elaboración, sen ningunha complicación máis que a mestura de ingredientes e o enfornado. E que tremenda recompensa nos agarda. Non seredes quen de resistirvos, haha. Aí vos vai:

Torta de Santiago



Ingredientes:
  • 300 gr de améndoa moída 
  • 300 gr de azucre 
  • 5 ovos