Amosando publicacións coa etiqueta nubes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nubes. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de marzo de 2026

Brownie estilo "Rocky Road"

 Ola, bolboreteirxs! Que tal estades? Hoxe traémosvos unha receita moi moi lambona, xa sabedes que nós o somos 😋, mais tamén é bastante aditiva, quedades avisadxs!!

 Como vos afeccionados aos brownies (xa compartimos por aquí varias opcións: con crema de queixo, con doce de leite, de chocolate branco, de froitos vermellos, a versión clásica, unha rápida, outra de garavanzos e outra de galletas "Oreo"), descubrimos unha nova versión agregándolle na superficie unha mestura de chocolate, nubes e froitos secos e, como non podía ser doutra maneira, tivemos a tencación de probala e que xenial idea! Casan perfectamente e menuda "gochada" máis saborosa. 

Tamén temos que sinalar que o momento ideal é calquera mais é unha bomba! Aquí vos deixamos a receita: 



Brownie estilo "Rocky Road"





Ingredientes:

martes, 20 de agosto de 2019

Nubes caseiras

Que tal imos, bolboreteir@s? Tiñamos pendente desde hai ben tempo esta receita así que vola traemos con orgullo e co bandullo moi feliz posto que non se encontra un con larpeiradas coma estas todos os días.
Unha das "chuches" máis míticas coas que nos podemos encontrar é a nube, que a hai en mil e un deseños e cores. Lévanos acompañando desde a infancia e danos a espiña que así vai seguir sendo porque como sabedes, somos demasiados lambonciñ@s!
Desta volta, inspirámonos nunha creación doutra luguesa, Mirta Escudero, que xestiona Dulce Sentimiento e que vos recomendamos encarecidamente. A verdade é que neste caso si que iamos con bastante respecto na elaboración mais podemos xa confirmar que se deixa levar moi ben todo o proceso e o resultado é impecábel. Ollade!




Nubes caseiras



Ingredientes:

  • 400 g de azucre
  • 250 ml de auga
  • 20 g de xelatina neutra
  • 2 culleradas de pasta de framboesa (ou do voso sabor preferido)
  • 30 g de maicena

sábado, 30 de setembro de 2017

Torta de nubes con brownie e crema de cacahuetes

Ollo, chega a bomba calórica da tempada mais un día é un día e ben nos podemos dar un capricho cunha lambetada das que fican na memoria. Adoitamos preparar tortas cheas de sabor e onde o chocolate ten un papel fundamental e aquí volvemos ter cacao mais moito máis, tamén cor e moitas sorpresas nos primeiros bocados.
Desta volta non foi idea nosa senón que a descubrimos na canle de Home Cooking Adventure e sentimos o impulso de probala. Aproveitamos un aniversario na casa e puxémonos man á masa. A verdade é que non tiñamos a seguridade que ofrecen outras tortas porque aquí as combinacións son, canto menos, estrañas. Así pois, ese temor inicial converteuse en satisfacción ao ver xa o resultado final e especialmente cando metimos a primeira dentada entrándomos nun mundo de dozura e case fantasía. Non era para menos, nubes, chocolate, crema de cacahuete... Coidado que vai a bomba, boooom!



Torta de nubes con brownie e crema de cacahuetes


Ingredientes:


Para o brownie:
  • 70 g de azucre
  • 55 g de manteiga
  • 40 g de c hocolate con leite
  • 30 g de fariña 
  • 8 g de cacao
  • 1 ovo
  • 1 cullerada de vainilla
  • Un chisco de sal
Para a capa de nubes:
  • 160 g de nubes

martes, 10 de marzo de 2015

Torta crema de cacao

Tiñamos o día larpeiro larpeiro, así que, sen ningún motivo nin  causa, decidímonos pór a facer unha torta coas únicas condicións de ser rápida e moi chocolateira. E cumprimos co obxectivo. Como xa sabedes, hai mil e unha formas de realizar biscoitos para tortas mais nós desta volta queriamos que nel destacase o chocolate, non inserindo unha capa no medio senón que pretendiamos que o biscoito todo levase un sabor intenso. Para iso, claro, botamos un bo número de culleradas de crema de cacao. E non pensedes que foi de máis. Xa sabedes, hai días así, que está para chocolate :-)
Estamos seguros que a maior parte de vós desfrutaredes esta torta ao máximo, mais se tedes pequen@s na casa veredes que eles o fan dunha forma diferente. Porque xa sabemos o felices que @s fan estas cremas, haha.
Aquí vos deixamos esta receita para cando teñades ganas dunha sobremesa máis contundente, un larpeirada ao grande coa que pórvos as botas:

Torta de crema de cacao

Ingredientes:

Para o biscoito:
  • 18-20 culleradas de crema de cacao e avelás
  • 300 gr de fariña
  • 100 ml de leite
  • 50 ml de nata
  • 3 ovos
  • 1 sobre de lévedo en po

xoves, 23 de xaneiro de 2014

Piruletas de chocolate

Hoxe presentámosvos as piruletas de chocolate, tamén denominadas cake pops, que están moi de moda ultimamente converténdose nunha das lambetadas máis saborosas e orixinais, debido a que se poden decorar seguindo a imaxinación de cada quen, podendo incluso tinguir o chocolate branco con diferentes colorantes. Ademais son perfectas para festas infantís xa que aos máis pequen@s lles encantan pola súa forma e incluso el@s poden axudar a facelas e así se introduciren no mundo reposteiro. 

Piruletas de chocolate

Ingredientes:
  • 1 biscoito pequeno (aproximadamente 300 gr)
  • Nocilla (aproximadamente 250 gr)
  • 1 barra de Chocolate negro 
  • 2 barras de Chocolate branco
  • Para a decoración: labras de chocolate, nubes, lacasitos pequenos, purpurina comestíbel...