Boas, bolboreteir@s!! Que tal a fin de semana? Aproveitando estes días estivais que nos viñeron para recordar as vacacións, non? Nós aproveitamos para pasear o peque mais tamén para preparar algunha que outra receita que agardamos que vos sorprenda. Xa desde o título dicimos: como? brownie e garavanzos? Hai alianzas ben estrañas mais que cando mostran o seu potencial sorprenden enormemente. E este é o caso. O pretexto desta volta xorde da miña irmá e os amigos que fixeron un xantar no que este legume había de ser o protagonista. Moi ben mais o caso era preparar o doce, claro.
Pois nada, era cuestión de poñerse e de darlle liberdade á imaxinación. E velaquí está! Agardemos que gustedes:
Pois nada, era cuestión de poñerse e de darlle liberdade á imaxinación. E velaquí está! Agardemos que gustedes:
Brownie de garavanzos
Ingredientes:
Utensilios: unha cunca, un batedor (eléctrico e manual) e un molde apto para o forno.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de triturar o plátano cos garavanzos e o zume de laranxa.
Engadimos os ovos e o azucre e mesturamos moi ben.
A continuación, agregamos o cacao, a canela e o bicarbonato. Batemos, de novo.
Botamos as abelás e integrámolas na mestura anterior. Vertemos a mestura nun molde apto para o forno, previamente engrasado con manteiga.
Enfornamos a 170º, calor arriba e abaixo, durante 25 minutos.
Desmoldamos e decoramos con chocolate fundido e abelás trituradas.
E xa estaría listo para comer! Para nós o brownie é unha desas sobremesas/merenda que nunca falla pola súa intensidade e contundencia. Vale e porque adoramos o chocolate, haha. Forte aperta, bolboreteir@s!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario