E como vistes, xa van seis meses con vós, traéndovos semanalmente un pouco de cociña en galego que sabemos que vos gosta :-) E por iso, seguimos, e facémolo cun doce, na liña das últimas receitas. A verdade é que despois deberemos compensar con algunha ensaladiña ou algo, mais o doce tamén é necesario!
Hai tempo trouxéramosvos un brownie algo diferente, de chocolate branco (receita aquí) mais desta volta optamos por unha versión máis clásica, que a verdade, é da que máis gostamos. Así pois, dándolle o noso toque persoal, procuramos elaborar un brownie completo con moito sabor, e sen dúbido, alcanzouse o obxectivo. Aí o tedes.
Brownie de chocolate e noces
Ingredientes:
Elaboración:
Para comezarmos, temos de derreter o chocolate xunto coa manteiga. De seguir, engadimos o azucre.
A continuación, botamos os ovos un a un e peneiramos a fariña xunto co cacao e o lévedo.
Por último, engadimos as noces cortadas en anacos. Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante 17 minutos, aproximadamente, para que quede un biscoito húmido e máis saboroso.
Neste caso, nós escollemos para a decoración xarope de amorodo e uns amorodos cortados en láminas. Porén, con azucre glas peneirado tamén quedará moi ben. Desexo que vos guste e que aproveite!


Esta sobremesa de orixe estadounidense é todo unha delicia, e con eses amorodos por riba máis aínda. Con pouco traballo logrades un doce moi completo. Para os chocolateir@s será unha perdición, de feito por aquí xa o comemos ao almorzo, sobremesa, merenda... É mellor non telo á vista. Ben, pois aí vos queda unha versión máis clásica do brownie. Probade a facelo xa veredes como vos encanta. Pasade bo día ;-)
En primer lugar felicitarte por esos seis meses en la blogosfera .
ResponderEliminarEl mil hojas de chocolate es toda una tentacion para una lamboreteira como yo al igual que el de cerezas que cosa mas rica ,es una pena que aqui ya no queden por que se me ha antojado me encantan las cerezas en los postres ademas de solas.
Del brownie que puedo decirte si siento no poder meter la mano y dar buena cuenta de un trocito me pierdeeeeeeeeeeeee ,como te dije no te imaginas lo lamboreteira que soy jajaja.
Bicos mil y feliz semana wapa.
Moitas grazas polo teu comentario e polas túas palabras!
EliminarUn bico!