sábado, 5 de xullo de 2014

Coliflor ao forno

Xa dixemos que levabamos unha tempada moi larpeira e había que freala un pouco que senón... E por iso hoxe traemos unha receita cun produto co que até o de agora non traballaramos, a coliflor. Unha das principais virtudes desta verdura é o seu carácter diurético polo alto contido de auga, polo que tamén é pouco calórica. Talvez para moitos o modo máis típico de comer a coliflor sexa en guiso, mais creo que debedes optar por un prato como este en que adquire outra dimensión e ve multiplicado o seu sabor polos complementos utilizados. A pesar de ser unha verdura máis ben de inverno, podémolas encontrar practicamente en todas as etapas do ano, e no verán apetece xa que non se nos fará nada pesado.

Coliflor ao forno

Ingredientes:
  • 1 coliflor
  • 150 gr de xamón
  • 2 cebolas
  • Queixo relado ao gusto
  • Aceite
  • Pemento doce
  • Pementa moída
  • Sal
Elaboración:

Para comezar, temos de preparar a coliflor. Para iso, debemos quitarlle as follas verdes, cortala en anacos, lavala ben e cocela en abundante auga durante 20 -30 minutos, dependendo da coliflor.










Mentres, rustrimos as cebolas picadas finamente en dúas culleradas de aceite e botámoslle un chisco de sal. Cando estea listas, engadimos a pementa moída e o pemento doce e, de seguido, engadimos o xamón picado e fritimos durante 2 minutos. 










A continuación, mesturamos a coliflor co rustrido e colocámolos nunha fonte apta para o forno. Botamos o queixo por riba e forneamos a 200º, co gratinador e o ventilador, até que o queixo se funda e xa estaría preparada para comer! Que aproveite! 


Que vos parece? Interésannos moito traérvos este tipo de pratos xa que sabemos que hai moitas persoas que lles custa comer verdura, xa sexa por prexuízos ou por non a ver apetecíbel. Procuramos pois, que con estas receitas, ao igual que a das berenxenas, logredes unha alimentación o máis rica e variada posíbel, sobre todo para compensar os excesos de doces, haha. Pois atrevédevos coa coliflor e xa nos contades. Boa finde larpeiriñ@s! 

4 comentarios:

  1. Ummmmmmmmmm seguro esta de rexupete que pena no poder meter el tenedor, en casa nos encanta la coliflor ,tomo nota asi no la he echo nunca , te ha quedado divinisimaaaaaaa .
    Bicos mil y feliz finde wapa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois espero que se a fas, nos envíes unha foto co resultado!
      Unha aperta!

      Eliminar
  2. Eu si que a farei porque ten resabios da ensalada de coliflor -ensalada de repolo ou coliflor polos Ancares é a verdura cocida con patas e despois ese rustrido, pero allo en lugar de cebola- que me encanta. O pemento, se mo permitedes, poñereille o agridoce afumado de La Vera, que non me sabe ningún outro coma ese. Graciñas pola receita

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A ensalada de repolo tamén a facemos con patacas e o rustrido, alén de engadirlle un ovo cocido.
      Moitas grazas polo teu comentario e pola túa visita, esperamos con ansias a foto co resultado.

      Eliminar