martes, 26 de xaneiro de 2016

Brownie con crema de queixo

Xa pensabades que nos esquecéramos do doce despois de tanta receita saudábel? Pois non, podedes estar tranquil@s, que ben sabedes que a nós pérdennos as larpeiradas e non podemos pasar moito tempo sen elas.
E ademais voltamos co brownie, unha das nosas sobremesas preferidas, de gran sona mundial e que aproveitamos para elaborar con certa frecuencia, aínda que desta vez tocou arriscar un pouco con el para ver que saía. Calma, o chocolate segue a ser parte fundamental na receita, por suposto, senón perdería a súa verdadeira esencia. Mais nesta receita gana en frescor a través dun xeitoso contraste entre a suavidade do queixo e a intensidade do cacao.
Recomendamos probar a todo o mundo, posto que, talvez aqueles/as que non gustan do chocolate en exceso adoren esta versión máis moderada e contrastada. O caso é manexarmos opcións de escolla para adozar os días. E xa vedes que temos, e moitas!


Brownie con crema de queixo

Ingredientes:

Para o brownie:
  • 200 gr de chocolate negro
  • 150 gr de manteiga
  • 135 gr de azucre
  • 125 gr de fariña
  • 50 gr de améndoa
  • 25 gr de cacao puro
  • 50 ml de café
  • 4 ovos
  • 2 culleradas de leite (opcional)
  • 1 cullerada de esencia de vainilla
  • 1 culleriña de lévedo en po
  • 1 chisco de sal
Para a crema de queixo:
  • 350 g de queixo en crema
  • 65 gr de azucre
  • 1 ovo
  • O zume dunha laranxa
  • A reladura dunha laranxa
Para o molde: un chisco de manteiga e unha presadiña de fariña.

Utensilios: dúas cuncas, un batedor (eléctrico ou manual), un coitelo, papel vexetal, un molde e unha fonte.

Elaboración:

Para comezarmos, temos de elaborar a crema de queixo. Para iso, comezamos batendo o queixo crema para que teña unha textura máis cremosa. 


Engadimos o azucre e batemos de novo. 


Botamos o ovo e integrámolo co queixo e o azucre. 


Agregamos o zume e a reladura e mesturamos ben. Reservamos.










A continuación temos de facer o brownie de chocolate. Botamos nunha cunca o chocolate en anacos e a manteiga e derretémolos no microndas ou ao baño maría. 


Cando estean integrados, engadimos o azucre e mesturamos moi ben. 


De seguir, engadimos os ovos, un a un.


Despois, a vainilla e o café. 


Nun recipiente aparte, mesturamos a fariña, o cacao, o lévedo e o sal e, pouco a pouco, ímolo integrando na mestura do chocolate.

Engadimos, tamén, as améndoas. Reservamos.


Agora temos de preparar o molde. Coma o noso era desmoldábel, puxemos sobre o fondo un papel vexetal (senón o tedes así, podedes recortar o papel para que despois sexa máis fácil de desmoldar). E untamos os lados do molde cun chisco de manteiga e fariña para que non se pegue. Despois, engadimos a crema de chocolate (reservando 4-5 culleradas para decorar) e estirámola ben para que teña a mesma altura por todas as partes. 



Seguidamente, botamos sobre ela a crema de queixo. 



Logo, repartirmos as culleradas de crema de chocolate que reserváramos sobre a crema de queixo e, coa axuda do coitelo, imos facendo debuxos. Nós aquí tivemos un pequeno erro, xa que nos espesou un pouco a crema mentres fixemos o resto e os debuxos non nos quedaron moi bonitos, mais o que debemos facer se pasa iso e engadirlle dúas culleradas de leite para que sexa unha crema máis lixeira e así non haberá ningún problema. 


Enfornamos a 180º, durante 23-25 minutos. Deixamos que arrefríe e desmoldamos. 


Refrixeramos durante 2-3 horas e xa estaría preparado para comer!!


Non asustedes con tantos pasos que na realidade son todos moi sinxeliños de seguir. O que si, xa vedes que estamos perante un brownie moi moi completo e cargado de sorpresas e matices para o noso padal. Aquí xa non queda nada mais babexamos só de o lembrar, que delicia!
Que tal vos vai un anaquiño? ;-) Lémonos amig@s. Unha aperta moi forte!!



10 comentarios:

  1. Aaaaaiiii! Cómo me gusta o brownie e inda encima con queixo!! Eu quero mito máis que un anaco... Polo menos dous! Hehehe

    Estupenda receita, rapaces! Parabéns!

    Unha aperta grande e moitos bicos!

    Yoly

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahahahaha! Temos que facer algo para poder probar as receitas d@s demais!!
      Apertas!!

      Eliminar
  2. Uummmmmmmmm que rico porque no puedo meter la mano que si no me lo comia todo y todo ,te ha quedado de relujo.
    Nunca he echo quinoa en casa si la he comido fuera y esa ensalada que has echo se ve divinisima.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois tela que probar que o sabor é sorprendente!!! Mil grazas!! Bicos

      Eliminar
  3. vaya combinacion tan rica, brownie con queso! tiene que estar para no dejar ni las migas! bicos

    ResponderEliminar
  4. Ten unha pintaaaaaaaaaaaaa!! Encántame!!!!!!!

    ResponderEliminar
  5. Ten unha pinta boisima!!, lástima dun anaco que xa o zampaba de moi boa gana.

    bicos

    ResponderEliminar