Amosando publicacións coa etiqueta brownie de queixo crema. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta brownie de queixo crema. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de xaneiro de 2016

Brownie con crema de queixo

Xa pensabades que nos esquecéramos do doce despois de tanta receita saudábel? Pois non, podedes estar tranquil@s, que ben sabedes que a nós pérdennos as larpeiradas e non podemos pasar moito tempo sen elas.
E ademais voltamos co brownie, unha das nosas sobremesas preferidas, de gran sona mundial e que aproveitamos para elaborar con certa frecuencia, aínda que desta vez tocou arriscar un pouco con el para ver que saía. Calma, o chocolate segue a ser parte fundamental na receita, por suposto, senón perdería a súa verdadeira esencia. Mais nesta receita gana en frescor a través dun xeitoso contraste entre a suavidade do queixo e a intensidade do cacao.
Recomendamos probar a todo o mundo, posto que, talvez aqueles/as que non gustan do chocolate en exceso adoren esta versión máis moderada e contrastada. O caso é manexarmos opcións de escolla para adozar os días. E xa vedes que temos, e moitas!


Brownie con crema de queixo

Ingredientes:

Para o brownie:
  • 200 gr de chocolate negro
  • 150 gr de manteiga
  • 135 gr de azucre
  • 125 gr de fariña
  • 50 gr de améndoa
  • 25 gr de cacao puro
  • 50 ml de café
  • 4 ovos
  • 2 culleradas de leite (opcional)