Amosando publicacións coa etiqueta améndoas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta améndoas. Amosar todas as publicacións

sábado, 28 de abril de 2018

Verduras á crema

Bo día, as receitas non paran e nós seguimos argallando en novas ideas como a que hoxe vos presentamos.
Esta semana, con motivo do Sant Jordi, chegounos un novo libro de Isasaweis, unha das nosas autoras favoritas e dando unha primeira ollada xa chegamos a unha das súas marabillas que nos serviu para nos inspirar e crear esta delicia que hoxe vos traemos a Bolboretas no bandullo. 
Unha vez máis damos todo o protagonismo ás verduras, destacándomos as espinacas, polo que nos aseguramos un prato ben apetecíbel. Cremos que xa vos dixemos unhas cantas veces o que nos fan perder a cabeza esta tipo de verduras.
Ides ver que achegamos algunha proteína a través dos champiñóns para facermos máis completa a receita. Desta forma imos ter as ceas máis saborosas! A por ela!



Verduras á crema


Ingredientes:


  • 400- 500 g de espinacas
  • 250- 300 ml de leite evaporado
  • 4-5 champiñóns grandes
  • 3-4 culleradas de améndoas
  • 2 queixiños
  • 1 cebola
  • 1 dente de allo
  • 2 culleradas de aceite

martes, 10 de abril de 2018

Pesto de améndoas (máis unha receita con pasta)

Bo día, bolboreteir@s! Encollestes con tanta auga? Nós pasamos unha fin de semana algo fastidiados da gorxa e do estómago mais imos pouco a pouco para diante. Iso si, andamos con pratos lixeiros de momento.
Hoxe presentámosvos unha receita que nos viña solicitando un amigo seguidor desde hai xa unhas cantas semanas. E con razón, porque aínda non nos acabamos de explicar como estaba Bolboretas no bandullo sen pesto até agora. Un clásico dos mollos italianos que dificilmente pode ser máis sinxelo. Ideal así para @s que procurades unha outra opción para a pasta alén dos spaguetti con tomate. Chega con triturar e... degustar! Imos por ela!



Pesto de améndoas


Ingredientes:


  • 60 g de améndoas crúas
  • 30 g de parmesano
  • 20 g de alfábega fresca
  • 1 dente de allo
Para acompañar: 
  • Pasta
  • Tomatiños cherry  
  • Aceite de oliva

martes, 6 de marzo de 2018

Espárragos con panko e maionesa de améndoas

Bo día, bolboreteir@s! Como vai todo? Xa vos diciamos o pasado sábado das nosas ansias de primavera entre outras cousas polas froitas de tempada. E de verduras tamén temos. Así pois, imos hoxe cunha das nosas favoritas, os espárragos, que se xa están bos envasados, aínda máis os naturais.
Non é a primiera vez que os preparamos, aínda recordaredes os espárragos verdes gratinados con mozzarella, mais xa tiñamos antollo dunha nova preparación polo que argallando pola rede fomos recolectando ideas. Ao final, démoslle saída ao panko que nos sobrara doutra receita  e fusionamos todo nun prato que nos fixo perder o sentido, e a fame tamén, claro.
A verdade é que xa papamos uns cantos polo camiño, mais o punto crocante do pan relado xaponés coa intensidade do queixo italiano fan desta unha verdadeira delicia.
Imos por ela!


Espárragos con panko e maionesa de améndoas



Ingredientes:


  • 1 manoxo de espárragos
  • Panko
  • 3-4 culleradas de queixo parmesán
  • 1 ovo
  • Sal
  • Aceite de oliva
Para a maionesa:
  • Maionesa caseira

martes, 26 de xaneiro de 2016

Brownie con crema de queixo

Xa pensabades que nos esquecéramos do doce despois de tanta receita saudábel? Pois non, podedes estar tranquil@s, que ben sabedes que a nós pérdennos as larpeiradas e non podemos pasar moito tempo sen elas.
E ademais voltamos co brownie, unha das nosas sobremesas preferidas, de gran sona mundial e que aproveitamos para elaborar con certa frecuencia, aínda que desta vez tocou arriscar un pouco con el para ver que saía. Calma, o chocolate segue a ser parte fundamental na receita, por suposto, senón perdería a súa verdadeira esencia. Mais nesta receita gana en frescor a través dun xeitoso contraste entre a suavidade do queixo e a intensidade do cacao.
Recomendamos probar a todo o mundo, posto que, talvez aqueles/as que non gustan do chocolate en exceso adoren esta versión máis moderada e contrastada. O caso é manexarmos opcións de escolla para adozar os días. E xa vedes que temos, e moitas!


Brownie con crema de queixo

Ingredientes:

Para o brownie:
  • 200 gr de chocolate negro
  • 150 gr de manteiga
  • 135 gr de azucre
  • 125 gr de fariña
  • 50 gr de améndoa
  • 25 gr de cacao puro
  • 50 ml de café
  • 4 ovos
  • 2 culleradas de leite (opcional)

luns, 11 de agosto de 2014

Brazo de xitano de chocolate con nata e améndoas

Voltamos cunha nova sobremesa que estou segura que vos vai encantar, sobre todo ás persoas que gustan dos doces tradicionais. Hoxe imos cun clásico, o brazo de xitano, que nos ofrece mil variantes aínda que eu desta última vez fíxeno con chocolate xa que así o desexaban @s comensais. 
Con motivo desta preparación, procurei un pouco máis sobre a denominación xa que sempre me chamou moito a atención iso de "brazo de xitano". Pois procurando pola rede encontrei certa información segundo a que este nome ten orixe nun monxe berciano da época medieval. Este descubriu nun mosteiro exipcio esta saborosa sobremesa e levouna consigo á súa terra. Comezou a chamárselle brazo exipciano, mais foi evoluíndo popularmente até convertirse no actual brazo de xitano. A pesar de que non podemos confirmar esta interesante teoría, o certo é que esta denominación é española, aínda que acabou utilizándose tamén aquí, na Galiza. Unha das denominacións máis frecuentes en portugués é rocambole, principalmente no Brasil.
Sexa como for, o doce é unha verdadeira delicia que debedes probar.

Brazo de xitano de chocolate con nata e améndoas

Ingredientes:
  • 6 ovos
  • 170 gr de azucre
  • 50 gr de cacao en po
  • 400 ml de nata
  • 150 gr de améndoas
  • 100 gr de azucre glas
  • 50 gr de chocolate con leite
  • 3 culleradas de brandy

domingo, 11 de maio de 2014

Cookies

Despois de probarmos varias receitas para elaborar estas deliciosas galletas con pebidas de chocolate, coa que mellor resultado obtivemos é con esta que hoxe vos presentamos, é do libro As lambetadas de larpeiros, aínda que nós fixemos algunha modificación. Son unhas galletas sinxelas que desde xa hai un tempo se están a converter nun clásico.  Parece que a súa creación orixinaria se produciu accidentalmente nun restaurante dos EUA de comida tradicional, coa integración casual do chocolate nas galletas.
A verdade é que con moi pouco esforzo podemos lograr unhas bolachas realmente deliciosas; esas pebidas danlle un sabor realmente intenso. Aí vos vai:

Cookies

Ingredientes (para unhas 18 unidades grandes):
  • 185 gr de fariña
  • 165 gr de azucre moreno
  • 140 gr de chocolate negro con améndoas
  • 80 gr manteiga
  • 1 ovo
  • 1 culleriña de vainilla
  • 1/2 culleriña de bicarbonato