Seguimos de doce. Pasamos unha tempada en que apenas coincidiron tortas e doces e agora, por uns motivos ou outros, estamos a facer de Bolboretas no bandullo unha oda ao azucre e ao chocolate. E claro, tamén ás lambonadas.
Non é a primeira vez que preparamos un brazo de xitano, que para nós sempre é aposta segura, mais desta volta fixemos un especial para @s comensais, especialmente chocolateir@s. A pesar de que non é a sobremesa máis lixeira pola potencia de cada porción, fixémola desaparecer nun abrir e pechar de ollos.
Desde aquí, aínda que estramos na fase final do curso e tamén na de última preparación para as ansiadas oposicións, damos por comezada a etapa de festas. E xa sabedes, en Galiza todo se celebra comendo, devorando. Deberemos ir facendo acumulación de recursos entón para estar preparados ante os festexos que veñen. Velaquí un ben saboroso!
Brazo de xitano de chocolate
Ingredientes:
- 200 g de azucre
- 90 g de fariña
- 50 g de cacao
- 50 ml de aceite
- 6 ovos
- Un chisco de sal
- 1 culledada máis de cacao