Chegou xa o 17 de maio, día especial para festexarmos as nosas letras e máis neste ano en que honramos a unha das figuras máis completas, poliédricas e de maior compromiso coa lingua galega como é Manuel María.
Nos nosos anos de vida, este está a ser o ano de máis orgullo da figura honrada para nós. Sentimos que toda a poesía para desfrutar está no Manuel. E por riba, nunha obra tan ampla, non faltou a temática gastronómica porque el era consciente da realidade identitaria que supoñía na Galiza. E porque sabemos que era amigo de comer. De feito, mesmo nos pasaron información de cal era o seu prato favorito. Sabedes? Pois segundo nos conta Mercedes Queixas, di Saleta, a súa compañeira, que adoraba degustar un bo año de leite ("cordero lechal" como malchamos normalmente).
Mais a través da súa poética imos vendo tamén outros alimentos que lle ben sabían e ben debía apreciar. Nas redes xa fomos dando conta dos versos ao pan de trigo, ao viño, aos capóns, á xata, ás patacas, aos nabos... Porén, deixabamos tres composicións coas que hoxe imos crear a receita máis poética de Bolboretas no bandullo. Unha larpeirada en que se combinan tres poemas diferentes de Manuel María aínda que xira principalmente arredor do título infantil "O bolo"
O bolo boleiro de Manuel María
Ingredientes:
Para a masa:
- 300 gr de fariña de centeo (integral)
- 150 gr de fariña de trigo
- 300 ml de auga
- 15 gr de lévedo fresco
- Un chisco de sal
- 1 chourizo
- 1 anaco de queixo San Simón
Utensilios: unha cunca, unha espátula, unha bandexa do forno, papel transparente e papel vexetal.
Elaboración:
Partimos do poema principal, O bolo de "Os soños na gaiola":
A nai vai cocer.
E fará un bolo.
Un bolo ha facer!
Un bolo pequeno,
un bolo boleiro
pra acalar o neno.
Aquí está o piorno
-a nai xa amasou-
pra roxar o forno!
O bolo que digo
non é de centeo,
que é de pantrigo.
Levará un burato
o bolo, no medio,
pra meter un rato!
Ai, que me escachizo,
que non é un rato,
que é un chourizo!
Un chourizo enteiro
no medio do bolo
pró neno larpeiro!
Un chourizo bon
no medio do bolo
pró neno lambón!
O bolo boleiro
o chourizo bon,
pró neno larpeiro,
pró neno lambón!
Para comezarmos, temos de facer a masa. Para iso, mesturamos as dúas fariñas e o chisco de sal.
Diluímos o lévedo na auga, que debe estar quentiña, e botámolos sobre as fariñas.
Mesturamos moi ben, primeiro coa espátula e despois teremos que amasar coas mans até que nos quede unha masa homoxénea. As cantidades que vos damos son as que nos fixeron falta a nós, mais, dependendo da fariña, igual vos pide un chisco máis, ou menos, de auga ;).
Se ledes o poema, xa vedes que el di que o bolo é de pantrigo, non de centeo. Porén, nós quixemos integrar o centeo na receita posto que encontramos uns versos ben fermosos dedicados a este cereal no poemario "Terra Chá":
O pan centeo é un tesouro
semella a terra que o deu.
É como a terra de mouro
porque na terra naceu…!
Tapamos con papel transparente e deixamos repousar un par de horas, ou até que a masa duplique o seu tamaño.
Cortamos o chourizo en lascas e o queixo en dados. Collemos pequenas porcións de masa, aplastámolas na man, colocamos o chourizo e o queixo no centro e pechamos o boliño.
Os populares "bolos preñados" non adoitan levar queixo. Mais como ía faltar este produto central na gastronomía da Terra Chá e ao que tamén compuxo uns versos? Imprescindíbel o queixo de San Simón e a louvanza no poemario "Terra Chá":
Os populares "bolos preñados" non adoitan levar queixo. Mais como ía faltar este produto central na gastronomía da Terra Chá e ao que tamén compuxo uns versos? Imprescindíbel o queixo de San Simón e a louvanza no poemario "Terra Chá":
Os queixos de San Simón
co ar da serra curados:
¡viron correr os regatos
e mais o verde dos prados!
Os queixos de San Simón
sentiron tremar orballos
e escoitaron os murmurios
dos ventos polos carballos.
Os queixos de San Simón
aínda son feitos a mao,
¡sentiron frío de Inverno
e sudaron polo Vrao…!
Os queixos de San Simón
son a cousa máis sinxela,
¡teñen feitura de pico
e saben a pastorela…!
Repetimos o mesmo até acabar coa masa, serán sobre 14 boliños.
Enfornamos a 190º, calor arriba e abaixo, durante, aproximadamente, 15-20 minutos.
Deixamos que arrefríen un pouco e xa estarían listos para comer!!
Desta volta a homenaxe vén tirada da propia obra do Manuel, que nos deixou unhas ideas óptimas para saborearmos Galiza e especialmente a comarca da Terra Chá a través do queixo, do pan e destes boliños xa tradicionais e que el nos presenta da forma máis fermosa do mundo. O poema do bolo xa é un himno para Bolboretas no bandullo e mentres o relíamos unha e outra vez, degustamos inmensamente esta receita de profundo sabor chairego.
Antes de rematar, queriamos agradecer á Fundación Manuel María a recomendación dos textos máis axeitados para este ámbito así como recomendarvos a visita á marabillosa Casa-Museo situada en Outeiro de Rei.
Manuel María será eterno no seu legado, na súa obra. E con esta receita, a súa lírica tamén vos poderá acompañar a cada bocado. Vivan as Letras Galegas e viva Manuel María!
Antes de rematar, queriamos agradecer á Fundación Manuel María a recomendación dos textos máis axeitados para este ámbito así como recomendarvos a visita á marabillosa Casa-Museo situada en Outeiro de Rei.
Manuel María será eterno no seu legado, na súa obra. E con esta receita, a súa lírica tamén vos poderá acompañar a cada bocado. Vivan as Letras Galegas e viva Manuel María!
Que boa estrea lle dades a eses fermosísimo prato... unha idea extraordinaria....moitos parabéns...
ResponderEliminarMoitísimas grazas, Luz!! Tiña que ser para unha ocasión especial!! 😘😘
Eliminarcomo me gusta este bolo, boleiro! con ese relleno de lujo tiene que estar delicioso! bicos
ResponderEliminarMoitas grazas!! Son puro vicio 😋😋
EliminarPARABÉNS pola receita e pola preciosa mistura coa poesía do Manuel. Como chairego moitas grazas.
ResponderEliminarMoitísimas grazas a ti por lernos!! 😊😊
EliminarUuummmmmmmmmmm que ricos tenian que estar eses bolos boleiros con ese relleno no dudo estaban de rexupete no lo siguiente.
ResponderEliminarComo siempre un placer venir a visitaros y disfrutar de vuestros maravillosos post y recetas.
Bicos mil y feliz finde wap@s.
Moitísimas grazas, estamos sempre encantados de recibirte!! 😘😘
EliminarUys, isto hay que probalo sin dúbida!!
ResponderEliminarBicosssssss
Pois xa nos contarás 😉😉😘
Eliminar