Estes días foron de moito movemento literario o que fixo que deixásemos en espera certas receitas. Mais estando Manuel María de por medio, a verdade é que calquera larpeirada podía esperar.
Agora, aínda co sabor deses bolos boleiros tan poéticos, traemos unha sobremesa clásica mais que talvez algúns e algunhas xa teñades esquecida. Falamos dos míticos búlgaros que se encontraban nos supermercados e tamén nalgunhas pastelarías.
Supoñemos que denominación se deberá a unha orixe búlgara, mais realmente nada sabemos con certeza do seu nome. Si, que están fabulosamente deliciosos e que aquí voaron. Se gustades da trufa e do sabor de tortas como a selva negra, de seguro que vos encantan estes pasteis.
Aí os tedes!
Búlgaros de chocolate
Ingredientes (para 13-14 unidades):
- 150 gr de fariña
- 150 gr de azucre
- 6 ovos
- 1 sobre de lévedo en po
- 1 cullerada de vainilla
- 500 gr de trufa (receita aquí)
Para a decoración:
Utensilios: 2-3 cuncas, un batedor eléctrico (ou manual), unha espátula, unha peneira, unha bandexa do forno e papel vexetal.
Elaboración:
Para comezarmos, separamos as xemas das claras. As xemas mesturámolas coa metade do azucre e a vainilla e batemos até ter unha crema suave e que as xemas estean un pouco montadas.
As claras montámolas a punto de neve co resto do azucre.
Á mestura das xemas, ímoslle incorporando, pouco a pouco, as claras montadas.
Mesturamos a fariña co lévedo e. despois de peneiralas, mesturámolas coa crema anterior.
Estendemos a mestura sobre a bandexa de forno cuberta con papel vexetal, formando un cadrado que teña o mesmo grosor. Enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo, durante 10 minutos.
Cando saia do forno, colocámola sobre un pano, dividímola en dúas partes e enrolámolas, para que manteñan a forma. Deixamos que arrefríen.
Cando estean fríos, desenrolamos e reenchemos coa trufa.
Enrolamos de novo, cortámolos en anacos e colocámolos sobre unha reixa do forno, colocada sobre unha bandexa fonda.
Derretemos o chocolate e botámoslle a manteiga.
Botamos o chocolate sobre os roliños, de forma que queden todos cubertos.
Empoamos cos fideos de chocolate, deixamos arrefriar no frigorífico e xa estarían preparados para comer!!
Agardamos que vos gusten. Por aquí foron todo un éxito. Tamén é certo que pouc@s nos ganan a chocolateir@s, haha. O sabor intensa da torta máis saborosa de chocolate en porcións, xa para comer coas mans, que sempre nos presta ben.
Agora ben, só hai que ser capaz de resistirse para non engulir un tras outro. Algo deben ter de adictivos; debe de ser tanto chocolate, hehehe. Pois iso, que con merendas e sobremesas así, só nos queda berrar: viva Bulgaria! Apertas, amig@s!
Muero de amor 😍 Espectacular tiene que estar! Me invitas?
ResponderEliminarUn besote
Claro que si, vente cando queiras!!
EliminarUn bico e grazas!
Ummmm si lo se no vengo pintaza tienen tus búlgaros seguro estarán de muerte relenta no lo siguiente.
ResponderEliminarPena de no poder catar uno me voy con los dientes largos largos.
Bicos mil y feliz finde wapisima 😘
Hahahaha!! Iso é boa sinal, 😂😂!!
EliminarApertaas!!