E si, como xa sabedes, ultimamente o sábado é día de receita, para que aproveitedes, se tedes algo máis de tempo, e vos poñades a probar algunha das receitas que vos presentamos. A de hoxe, de seguro que vos sorprende, non por ser un prato arriscado nin sumamente innovador, mais que á maioría da xente lle encanta. Pola contra, rara vez adoitamos facer nuggets na casa, optando por comelos nalgún que outro restaurante ou mesmo comprándoos conxelados.
Desde logo, esta é unha das formas máis saborosas e divertidas para comer o polo, de feito aos/ás peques encántalles. Un alimento moi moderno, foi inventado arredor dos 50 do século pasado, e posta na moda pola cadea McDonald's. Por suposto, recoméndovos facelos na casa, máis saudábeis, máis saborosos, máis naturais... Recomendámosvos a proba. Quedaravos como un mangífico recurso para o entrante de calquera cea ou xantar. . Aínda que, se vos gustan tanto como a nós, talvez non vos quede sitio para o resto da comida :-) Seguíndomos o significo de nugget, só son unhas pebidas de polo, mais están tan deliciosas que é difícil deter a degustación. Aí vos vai.
Nuggets de polo
- 2 peitugas de polo
- 2 rebanadas de pan de molde
- 60-80 gr de queixo Philadelphia
- 1/2 vaso de leite
- Pementa moída
- Sal
- Fariña
- 2 ovos batidos
- Pan relado
- Aceite de oliva

