Ola, bolboreteirxs! Que tal? A semana pasada, concretamente o día 9 de marzo foi o Día Internacional da Tortilla e como o peque e mais eu adorámola (o papi non tanto), decidimos facela para cear. É unha receita sinxela, á que lle podemos engadir os ingredientes que máis nos gusten (outras verduras, queixo, friames…), aínda que desta volta imos facer a versión tradicional, iso si, para nós ten que ser con cebola. Aquí vos deixamos a nosa versión:
Tortilla de pataca con cebola
Ingredientes:
Utensilios: unha tixola, unha tapa ou un prato, unha espátula e unha táboa e un coitelo.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de cortarmos as patacas moi finamente e rustrímolas, a lume medio, nunha tixola con AOVE. Cando empecen a abrandar, agregamos a cebola, ben picadiña. Deixamos cociñar até que as patacas estean ben brandiñas.
Nunha cunca, batemos moi ben os ovos e botamos as patacas coa cebola, cando estean listas, e mesturamos moi ben. De feito, podemos chafar algunha pataca co ovo. Salpementamos ao noso gusto.
Retiramos o aceite da tixola, aproveitamos a mesma que usamos antes, entón xa terá unhas pingas de AOVE. Botamos, de novo, a mestura e cociñamos a lume medio 4-5 minutos.
De seguir, levantamos os bordos cunha espátula e, coa axuda dun prato ou a tapa da tixola, dámoslle volta.
Deixamos que se cociñe 2-3 minutos máis e xa apagamos o lume.
Empratamos e xa estaría lista para comer 🍽️ 🤤🥰❕
Que delicia, verdade? Un prato que namora ❤️. Obviamente, os tempos son orientativos e o punto de cocción vai dependender do voso gusto, a nós gústanos co ovo callado… 🤭.
E con esta versión da tortilla de patacas abrimos dous melóns: con cebola 🧅 ou sen cebola, e ben feita ou co ovo sen callar? 🤭🤣 Cóntadenos! Aperta forte, bolboreteirxs 🥰❕
Ningún comentario:
Publicar un comentario