Bolboreteir@s! Estamos aquí mes e medio despois, tras tomarnos un descanso mais vimos cargadiños de ilusión acompañados con Xiao para vos seguir traendo moitas máis receitas. Iso si, durante unha tempada reducimos a subida de artigos a só un por semana. Xa sabedes, o tempo cun bebé dá para algo menos, haha. Un período de adaptación, claro.
Ben, pois decidimos volver fortes, cun tipo de receita que adoramos e que marcou os inicios do blogue aínda que ultimamente non as temos tan traballadas. Falamos das sobremesas, unha perdición mais o noso campo favorito de creatividade.
A plavova non é a primeira vez que aparece por Bolboretas no bandullo, de feito xa temos publicado unha vídeo-receita á que podedes acceder abaixo. Chamada así na honra da bailarina Anna Pavlova sendo publicada a receita por primeira vez en Nova Zelandia. Desta volta fixemos a versión en pastel, con racións xa individuais. Difícil descrivirvos o pracer da degustación. Faltan adxectivos. Aí vai.
Pequenas pavlovas de trufa
Ingredientes:
Para o merengue:
- 6 claras de ovo
- 300 g de azucre glas
- 1 cullerada de vinagre
- 1 cullerada de maicena
Para o recheo:
Para a decoración:
- 200 g de chocolate
- 200 ml de nata
- Abelás
Utensilios: unha bandexa de forno e papel vexetal, dúas ou tres cuncas, un batedor eléctrico, unha manga pasteleira e un bico e unha culler.
Elaboración:
Metemos o merengue nunha manga cun bico que nos guste e facemos pequenas cuncas sobre unha bandexa de forno cuberta con papel vexetal. Prequentamos o forno a 220º, calor arriba e baixo, e no momento de meter no forno, baixamos a 130º. Cociñamos durante 1 hora e 30 minutos. Pasado ese tempo, apagamos o forno e deixamos que enfríe dentro del.
Cando estea o noso merengue frío, pasamos a facer o recheo. Para iso, montamos a nata. Cando estea semimontada, engadimos a crema de cacao e seguimos batendo até conseguir unha masa firme.
Reenchemos unha manga pasteleira coa nosa trufa e imos cubrindo as cuncas de merengue. Refrixeramos 30-40 minutos.
Mentres tanto, facemos a crema da decoración. Quentamos a nata e botámola sobre o chocolate (branco, con leite, negro... ou como máis vos guste). Deixamos repousar 1 minuto e remexemos cunha culler até que se integren completamente.
Deixamos que arrefríe a crema durante 30-35 minutos.
Pasado ese tempo, coa axuda dunha culler, imos facendo debuxos sobre a os merengues coa trufa e empoamos con abelás picadas.
Refrixeramos, de novo, até que endureza o chocolate e xa estarían listas para comer!
Agardamos que vos gusten e que as poñades en práctica! Non encontraredes mellor maneira de vos dar unha homenaxe larpeira. Nós temos a sensación de que había tempo que non gozabamos tanto cunha sobremesa. Delicia!
Forte aperta, amig@s. Lémonos :-)
Uuuuumm que pintaza tienen y que ricas tenian que estar para una lamboreteira como yo es toda una tentacion, no he dejado de haceros la olaaaaaaa .
ResponderEliminarBicos mil para los tres y feliz incio de semana wap@s 😘
Unha delicia, si! E moi fáciles de facer!
EliminarBicos!