Bo día, bolboreteir@s! Como levamos o final de agosto? Por aquí andamos de festas, en pleno Naseiro así que hoxe imos traer unha receita moi sinxela que aprendemos a preparar este verán e que cremos que pode ser moi útil para aquelas persoas alérxicas aos ovos ou que non poden comer ovo cru, como no caso das embarazadas. De aí a nosa chegada a esta creación.
Os pasos ides ver que son sumamente sinxelos e o resultado non deixa nada que envexar á maionesa estándar.
Lactonesa
Ingredientes:
Utensilios: un batedor eléctrico e un vaso para bater.
Elaboración:
Para comezarmos, botamos o leite no vaso en que imos bater. É preferíbel que estea a temperatura ambiente para que monte mellor.
A continuación, entornamos o vaso co leite e imos botando o aceite. Facémolo así porque o aceite queda por encima do leite e vai ser máis sinxela a preparación da lactonesa. Nós usamos aceite de xirasol porque ten un sabor máis suave, mais se vos gusta máis o de oliva, adiante.
Introducimos o batedor e, sen levantalo, empezamos a bater. Cando estean os dous ingredientes ben integrados, comezamos a subir e baixar o aparello.
Cando a notemos espesa, engadimos o vinagre (ou zume de limón) e o sal ao gusto e batemos 2-3 minutos máis.
Servimos e xa estaría lista para comer!
Conservámola no frigorífico e aguanta perfectamente 4-5 días, ao non levar ovo :).
Apetitosa, non é? Vós sodes dos que vos chega con ver unha salsa así diante para comezar a despedazar o pan e mollar? Nós non podemos parar e con esta aínda máis. Que o gocedes inmensamente. Aperta, bolboreteir@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario