martes, 18 de xullo de 2017

Ovos recheos (2 versións)

Aquí chegou, finalmente, o ansiado momento das nosas vacacións despois dun curso longo. Xa fica máis tempo de novo para o blogue que aínda así non deixamos desantendido en ningún momento. Xa é moito tempo e xa é parte da familia, hahaha.
Ben, pois seguimos, agora que andamos en tempo de festas, cun petisco tradicional en moitos fogares e que presenta mil e unha variantes. Até o momento, só probaramos con moito éxito unha forma de os facer e que xa presentaramos hai ben tempo (ovos recheos) mais quixemos probar, esta semana, novas opcións. Desta forma, traemos hoxe estas dúas variantes para que teñades onde escoller en función dos vosos gustos. Nós non somos capaces de escoller. A ver vós ;-)


Ovos recheos (2 versións)



Ingredientes:

  • 9-10 ovos
  • 1 cullerada de vinagre
  • Sal
Para o recheo de atún:
  • 1 lata grande de atún
  • 100 ml de salsa de tomate
  • Olivas
Para o recheo de champiñóns:
  • 200 g de champiñóns
  • 1 cebola
  • 1 dente de allo
  • 1 cullerada de ourego
  • 1 cullerada de aceite
  • Maionesa
  • Pementa moída
  • Sal

Utensilios: un cazo grande, unha tixola, dous platos, dous garfos e dúas culleres. 


Ingredientes:


O que primeiro debeos facer é poñer os ovos nun cazo grande cunha cullerada de vinagre (para que non rompan e, se rompen, para que non se espandan) e un chisco de sal. Desde que fervan, cociñamos 10-12 minutos. 


De seguir, deixamos que arrefríen, abrímolos ao medio e retiramos as xemas. Reservamos dúas xemas para decorar e as outras dividímolas entre os dous recheos.


Para o recheo de atún, temos de mesturar o atún coas xemas correspondentes. 


Cando estean ben unidas, imos engadindo, pouco a pouco, a salsa de tomate até obter unha pasta ligada e espesa. Aquí debedes ir probando até que estean ao voso gusto. 

Reenchemos as metades das claras, decoramos con media oliva e cunha xema relada. 


Para o recheo de champiñóns, temos de picar finamente o dente de allo, a cebola e os champis e rustrilos nunha cullerada de aceite. Sazonamos con pementa moída e sal ao gusto. Deixamos que arrefríe un pouco.

Despois, engadímoslle as xemas e mesturamos moi ben. 


Logo engadimos pouco a pouco a maionesa até que teña unha consistencia que nos guste. 










Reenchemos os ovos e decoramos coa outra xema, que tiñamos reservada, relada. 


Refrixeramos como mínimo, dúas ou tres horas, e xa estarían listos para comer! 


Agardamos que vos gusten e que os fagades na vosa casa, porque de seguro vos van encantar!!


Sabores diferenciados e exitosos ambos os dous. Xa sabedes, agora que andamos entre festas do Carme, de Santiago e demais, hai que ter un bo repositorio de receitas para sorprender os convidados e convidadas e vaia, tamén para desfrutarmos nós, claro!!! 
Agardamos que vos sexan de proveito. Unha forte aperta, bolboreteir@s!

3 comentarios:

  1. Uuummmmmmmmmmm pintaza tienen esos huevos y seguro que saben mejor ,os han quedado de relujo.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas! A verdade é que os de champis son sorprendentes 🤤🤤! Seguro que che encantaban 😘😘

      Eliminar