Seguimos co doce, amig@s! Hoxe cun clásico que a maioría coñeceredes, unha torta Tatin que ademais de ser un éxito seguro, sobre todo para @s que gustamos do sabor da mazá asada, ten unha historia ben curiosa.
O nome parece estar relacionado directamente co Hotel Tatin, situado na localidade de Lamotte-Beuvron, en Francia. O seu dono era Jean Tatin e coa súa morte, o hotel ficou en herdanza para as súas fillas Caroline e Stéphanie, a finais do XIX. A orixe da torta parece ser que foi accidental xa que unha das irmás, ao parecer, cociñou tempo de máis as mazás, pondo finalmente por riba unha masa para non desperdicialas. Finalmente, ao dar a volta, encontráronse cunha larpeirada que acabaría por ser unha das mellores xoias da repostaría francesa.
Hai algunha teoría diversa mais acaba por ser esta a máis difundida e que nos fai crer nunha fermosa anécdota.
A esta delicia chámaselle tamen torta invertida pois como vedes no paso a paso imos montala ao contrario do que facemos habitualmente, deixando o que será o soporte para o final. Velaquí a tedes!
Torta Tatin
Ingredientes:
- 1 lámina de masa crebada
- 4 mazás
- 100 g de azucre
- 50 g de manteiga
- O zume dun limón
- 1 culleriña de canela
Utensilios: unha tixola, un molde/tixola apta para forno, un coitelo, un garfo e unha culler.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer o caramelo. Para iso, poñemos nunha tixola o azucre e a manteiga a lume medio.
Remexemos, de vez en cando, e deixamos que espese un pouco e que oscureza.
Mentres tanto, pelamos as mazás e cortámolas en anacos, aproximadamente en 6 porcións cada mazá. Engadímoslle o zume do limón e a canela e mesturamos ben.
Cando o caramelo estea listo, colocamos os anacos da mazá sobre o caramelo, cubrindo toda a base. Nós fixémolo directamente sobre a tixola, mais se a vosa non é apta para o forno, teredes que pasar o caramelo a un molde apto para el e despois colocar a mazá.
De seguir, cubrimos a superfice coa masa creba e dobramos os bordes para que non sobresaia da tixola.
Picamos a superficie.
Enfornamos, co forno prequente, a 180º, calor arriba e abaixo, durante 25 minutos.
Deixamos que se atempere uns minutos e desmoldamos, colocando un prato sobre o molde e dándolle a volte, coma se fose unha tortilla 😉
Esta torta é ideal para comer morna e podémola acompañar dun xeado que nos guste. E xa estaría preparada para comer!
Que cousa saborosa!! Tedes alternativas na preparación, tanto na froita como na base. Se non gustades moito da mazá, a froita clásica para esta torta, podedes probar con peras ou pexegos. Igualmente, para o soporte, podemos colocar un follado ou tamén unha masa crebada caseira.
Sexa como for, ollo! Esta torta vaise situar desde a súa proba nunha das vosas favoritas. Imos alá!
Boa semana, bolboreteir@s!
Me pierde la tarta Tatin siempre la hago de manzana es la que mas me gusta aunque la he echo de pera y melocoton , pena de no poder dar cuenta de un trozo de esta uummmmmmmmm seguro esta de rexupete.
ResponderEliminarBicos mil y feliz finde wap@s.
Con pexegos ten de estar deliciosa! Temos que probar a facela 😉
EliminarUn bicos e grazas por pasarte!