sábado, 6 de maio de 2017

Risotto de espinacas

Mamaíña! Temos a sensación de que desfrutamos dun dos mellores pratos do ano. Si, si, así comezamos hoxe, coa mellor das sensacións, a de elaborar un prato que queda tal e como desexabas. Ou mellor! Porque as probas de sabor entanto estabamos preparando a receita xa intuían que algo espectacular se estaba cociñando. E así foi. 
Un risotto, aínda que non é resulta complexo, si precisa coidado na elaboración e seguir certos pasos para que non nos fique finalmente un arroz sen máis no lugar deste arroz cremoso que procuramos e cunha textura tan especial.
A orixe evidénciase no significante, na denominación deste prato tradicional da gastronomía italiana, moi habitual en todo o territorio mais especialmente no NO. O arroz hai mil e unha forma de o traballar mais este acapara xa toda a nosa atención e recordo gastronómico. Que marabilla!



Risotto de espinacas


Ingredientes (para 2 persoas):


  • 150-200 g de arroz redondo
  • Caldo de verduras, aprox. 750 ml
  • 200 g de espinacas
  • 6-7 lagostinos
  • 50 g de queixo
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1 culleriña de manteiga
  • Pementa moída
  • 1 chile
  • Sal
  • Aceite de oliva virxe

Utensilios: unha tixola e unha culler.


Elaboración:


Para comezarmos, rustrimos en dúas culleradas de aceite a cebola e o allo picados finamente. Tamén engadimos o chile. 


Cando estean rustridos, engadimos o arroz e fritímolo un pouco. O arroz máis adecuado para este receita é un arroz redondo. 


Engadimos caldo até cubrir o arroz, aproximadamente será un vaso. 


Deixamos que se vaia cociñando lentamente e, cando se consuma todo o líquido, botamos máis caldo, de novo, até cubrir o arroz. Repetimos ese proceso até que o arroz estea listo, teremos que ir probando. Nós tivémolo que engadir máis líquido 4 veces, mais iso dependerá do arroz que escollades.


Cando o arroz estea case listo, engadimos as espinacas e mesturamos moi ben.




De seguir, os lagostinos. 


A manteiga. 


E o queixo e mesturamos moi ben. O queixo máis típico do risotto é o parmesano, mais nós quixemos darlle o toque persoal e utilizamos San Simón e o resultado foi perfecto!


Servimos inmediatamente e xa estaría listo para comer! 


Agardamos que vos guste e que o probedes a facer na casa, porque non vos ides arrepentir!


Parece apetitoso mais non hai imaxe que poida representar o que has percibir a cada bocado que leves á boca. Está mal que nós o digamos mais quedou impresionante. E estamos seguros que, de seguirdes estes pasos, vós tamén lograredes unha das grandes delicias da gastronomía italiana. Iso si, non puidemos evitar o toque galego, claro. Ai, este queixiño noso... haha.
Pasade unha moi boa fin de semana. Unha fortísima aperta! 

4 comentarios:

  1. Un risotto sin muchos ingredientes pero que tiene que resultar de lo más rico y apetitoso.
    Sólo con ver la presentación, dan ganas de comerlo.
    Años atrás, aquí, en Castilla León, se solía comer arroz en paella o risotto los domingos.
    Cariños y buen comienzo de semana.
    kasioles

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É un bo costume!! Para nós era o primeiro risotto caseiro e estaba delicioso!!! Imos repetir moi a miúdo!
      Apertas e mil grazas por pasarte!!

      Eliminar
  2. Con lo que me gusta el arroz no dudo ni un segundo que con las espinacas y los langostinos este de muerte relentisimaaaaaaaaa ,no tardare en hacerlo me habeis puesto los dientes largos largos.
    Como siempre receta y fotos del paso a paso son de 20 points.
    Bicos mil y feliz semana wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois xa nos contarás que tal! Seguro que che encanta!!!!
      Un bico e grazas por vir. por aquí!!

      Eliminar