Bo día, bolboreteir@s! Como vai todo? Como pasa o tempo, verdade? Comezamos onte a primavera e xa temos aí a chegada do verán, nun abrir e pechar de ollos. Si é boa verdade que o tempo corre, fuxe! Debemos pois aproveitalo e vivir as posibilidades de goce que se nos presenta cada día e aí e onde nós valoramos a gastronomía como unha fonte continua de pracer. Desde o prato cotiá máis simple até as elaboracións máis ornamentais deixan pegada, por iso adoramos deixar tantas receitas rexistradas neste noso e voso caderno dixital.
Pois ben, traémosvos neste martes algo moi sinxeliño, económico e, como non, moi gustoso! Aproveitamos unha peituguiña de pavo que tiñamos no frigorífico e algunha verdura e, nun formato diferente, creamos esta receita que aquí vedes. E iso das gamelas? Pois débese a estas barquiñas de trigo que venden xa feitas no super, a carón das tortillas para burritos e fajitas. E como xa sabedes que adoramos a lingua, procuramos unha das mil denominacións que temos na Galiza para as embarcacións. Parástesvos a reparar algunha vez en cantas hai? E todas coas súas particularidades. A da nosa gamela está no sabor, haha!
Gamelas de pavo con salsa picante
Ingredientes (para 2 persoas):
- 4 barquiñas de trigo
- 2 peitugas de pavo
- 1 cabaciña pequena
- 1 tomate
- Leituga
- Estragón
- Allo en po
- Pementa moída
- Sal
- Aceite de oliva
Para a salsa picante:
Utensilios: unha prancha, unha tixola, un microndas (forno ou prancha) un coitelo, unha culler e un prato.
Elaboración:
Para comezarmos, temos que facer a nosa salsa picante, mais, en realidade, estamos dándolle un toque especial a unha salsa de tomate xa feita 😜. Para comezarmos, temos de rustrir nunha cullerada de aceite o dente de allo e o chile.
Cando o allo empece a dourarse, botamos a salsa de tomate. Sazonamos con pementa moída ao gusto e deixamos cociñar a lume medio, aproximadamente, 10 minutos. Reservamos.
Mentres a salsa se fai, cortamos a cabaciña e o tomate en medias lúas e facémolos na prancha nunha cullerada de aceite, un par de minutos por cada lado. Sazonamos con pementa moída ao gusto e un chisco de sal. Reservamos.
Adobamos os filetes de pavo con estragón, pementa moída e un chisco de sal e facémolos na prancha. até que estean ben cociñados. De seguir, cortámolos en anacos.
E chegou a hora de montar as nosas gamelas! Quentamos no microndas as barquiñas de trigo uns segundos, ou tamén o podedes facer no forno ou nunha prancha. Poñemos unha base de leituga, ben lavada e seca.
A continuacion, colocamos a cabaciña e o tomate e os anacos de pavo.
Agregamos unha pouca se salsa por encima.
E xa estarían listas para comer 😉!
Apetece un bocadiño? Pois non tedes excusa para non preparardes esta gamela de pavo con verduras que desexa partir das vosas cociñas para chegar até o bandullo.
As barquiñas estas podédelas aproveitar para moitas receitas, con recheos moi diversos. Nós optamos por esta combinación, cal será a vosa?
Moitas grazas polas vosas lecturas, pola vosa compaña dixital e por estardes sempre aí. Unha fortísima aperta!!
Uummmmmmmmmm que si me patece un bocadiño dices , un par de ellas me comia si pudiera creeme .
ResponderEliminarTe han quedado divinisimaaaaas como siempre receta y fotos del paso a paso son de 20 points.
Bicos mil y feliz finde wap@s.
Jajajajaja acabo de ver que he escrito patece , en vez de apetece , seguro que al leerme me entendiais eso es lo que pasa por tenernos babeando al ver las fotos.
ResponderEliminarBicos mil wap@s.
Non te preocupes! Para a próxima mandámosche un tupper!! Un bico e grazas por pasarte!!
Eliminar