Seguimos co doce, amig@s! Hoxe cun clásico que a maioría coñeceredes, unha torta Tatin que ademais de ser un éxito seguro, sobre todo para @s que gustamos do sabor da mazá asada, ten unha historia ben curiosa.
O nome parece estar relacionado directamente co Hotel Tatin, situado na localidade de Lamotte-Beuvron, en Francia. O seu dono era Jean Tatin e coa súa morte, o hotel ficou en herdanza para as súas fillas Caroline e Stéphanie, a finais do XIX. A orixe da torta parece ser que foi accidental xa que unha das irmás, ao parecer, cociñou tempo de máis as mazás, pondo finalmente por riba unha masa para non desperdicialas. Finalmente, ao dar a volta, encontráronse cunha larpeirada que acabaría por ser unha das mellores xoias da repostaría francesa.
Hai algunha teoría diversa mais acaba por ser esta a máis difundida e que nos fai crer nunha fermosa anécdota.
A esta delicia chámaselle tamen torta invertida pois como vedes no paso a paso imos montala ao contrario do que facemos habitualmente, deixando o que será o soporte para o final. Velaquí a tedes!
Torta Tatin
Ingredientes:
- 1 lámina de masa crebada
- 4 mazás
- 100 g de azucre
- 50 g de manteiga
- O zume dun limón