martes, 4 de abril de 2017

Ensalada de atún, pataca e aguacate

Como levades o inicio de abril, bolboreteir@s? Nós encantados pois parece que agora si quega a primavera. Ademais, para máis felicidade onte xa superamos os 2000 seguidores/as en Facebook polo que vos temos que dar unha vez máis un millón de grazas!
Ben, pois esta subida de temperaturas para nós significa a consolidación da época de ensaladas. Si, nós comemos ensaladas todo o ano, mais así con caloriña apetecen moito máis e aperecen nos nosos menús día si, día tamén.
Temos algunha de referencia mais gustamos de probar outras novas, tal e como fixemos coa que aquí hoxe presentamos. Partimos da base de atún, ovo e pataca, un clásico na nosa casa, e fixemos uns retoques para lle dar maior complitude e sabor. Logramos deste modo un prato ben apetitoso, fresco e que non nos deixará con fame. Chegou pois, a hora das ensaladas!



Ensalada de atún, pataca e aguacate



Ingredientes:


  • 1 pataca cocida
  • 1ovo cocido
  • 1 aguacate
  • 1 lata de atún
  • 1 tomate
  • 1/2 cebola
  • 1-2 culleradas de millo doce
  • Leituga ao gusto
  • Maionesa caseira
  • Ourego ou alfábega

Utensilios: un ou dous cazos, unha cunca, un coitelo e unha culler.


Elaboración:


Para comezarmos, temos de cocer a pataca e o ovo cocido. Cando estean listos, mesturámolos co atún, a cebola picada e o millo doce. 



Agregamos tamén o aguacate cortado en anacos, ao que lle podemos engadir un pouco de limón para que non se oxide. 


Nunha cunca, colocamos as leitguas como base, colocamos o recheo e uns anacos de tomate. Aliñamos con dúas culleradas de maionesa e o ourego ou a alfábega. 


Podémola comer xa ou refrixerala para que arrefríe un pouco. Agardamos que vos guste e que a probedes nas vosas casas. 


Apetitosa, verdade? Hai que dar as grazas tamén a unha amiga que nos ofreceu unhas cantas latas de atún que lle enviou a propia marca para preparar unhas receitas. Nós non tardamos en darlle saída, claro, xa sabedes o lambonciños que somos por aquí.
Estamos segurísimos de que esta ensalada vai ser de rendibilidade para vós nestes próximos meses e que habedes de quedar ben satisfeit@s. Xa nos diredes.
Unha fortísima aperta, amig@s! 

4 comentarios:

  1. Yo tambien soy de comer ensaladas todo el año pero encuanto empieza el calor es dia si y dia tambien ,me encanta esta que habeis echo seguro que estaba de rexupete yo solo prescindiria del aguacate por que no lo puedo comer ,pena de no poder llevarme un plato para la cena.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Para a próxima, mándamoche unha ración, sen aguacate claro!!
      Un bico e grazas por comentar!

      Eliminar