Aí vén, aí chega, aproxímase o Samaín. Xa sabedes, pola conquista dos escaparates, da tendencia destas semanas: medo, cabazas, laranxa, caveiras... Ben pois nós sumámonos pondo como base dous produtos de tempada: as castañas e as recorrentes cabazas, aínda que no noso caso tirando proveito alimenticio.
Ano tras ano procuramos aproveitar as castañas dos soutos galegos para crearmos receitas orixinais como luriñas e castañas en mollo de millo, canas de crema de castañas ou croquetas de castañas. E como xa ía tempo que non preparabamos madalenas pois... era a solución perfecta. E coa cabaza, ademais de lle ofrecer un contraste canto ao sabor, tamén lle pomos algo de cor.
Xa podedes imaxinar que a caracterización terrorífica non é canto ao padal senón para os ollos con esa ornamentación doce con presenza de diferentes bechos de goma. Canto a decoración seguro xa tedes mil e unha ideas coas que lograr pratos espectaculares mais recomendámosvos especialmente que teñades en conta esta combinación para as madalenas pois resulta moi sorprendente. Nós gustamos especialmente do corpo mais a cobertura havos de agradar moito tamén. Ollade a idea:

Terroríficas madalenas de castaña con crema de cabaza
Ingredientes:
Para as madalenas:
Para a crema:
- 225 g de queixo mascarpone
- 100 g de cabaza
- 45 g de azucre glas
Para a decoración (opcional): papel de arroz con debuxos, lambetadas...
Utensilios: varias cuncas, un batedor (eléctrico e manual), unha espátula, moldes para madalenas, cápsulas para madalenas, papel transparente, unha manga pasteleira e un bico.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer a crema de cabaza e queixo. Para iso, temos que pelar e cortar a cabaza en anacos e asala no forno a 160º, calor arriba e abaixo, durante 40 minutos. Pasado ese tempo, deixamos que arrefríe e triturámola co batedor eléctrico.
De seguir, engadimos o azucre glas e mesturamos ben.
Agregamos o queixo mascarpone e mesturamos de novo. Tapamos con papel transparente e refrixeramos mentres facemos as madalenas.
Mentres arrefría a crema, facemos as madalenas. Comezamos batendo a xema xunto co azucre.
Engadimos a manteiga e mesturamos.
Despois, botamos, pouco a pouco, a fariña mesturada co lévedo.
Agregamos as castañas, previamente trituradas coa axuda dun garfo.
Engadimos as claras, montadas a punto de neve.
Repartimos a mestura nas cápsulas e forneamos a 180º, calor abaixo e ventilador, durante 20-25 minutos.
Deixamos que se temperen.
Botamos a crema de cabaza na manga pasteleira e decoramos as madalenas ao noso gusto. Así mesmo, se as queremos facer terroríficas para Samaín, colocamos unhas figuras de papel de arroz e unhas lambetadas "noxentas": vermes, cerebros, arañas...
Vedes que delicia de madalenas? E ademais están saborosísimas! Agardamos que vos gusten! Ou que vos arrepíen? Ben, que as desfrutedes dun xeito ou doutro e que argalledes con elas para traballardes a vosa vea creativa e lle dardes un agasallo ao voso bandullo festexeiro. Chegadas desde o mundo de Lucifer, fican convosco as terroríficas madalenas de castaña con crema de cabaza. Unha forte aperta!
Uummmmmmmmmmm no dudo lo mas minimo que estas magdalenas esten de muerte relenta no lo siguiente.
ResponderEliminarComo siempre receta y fotos del paso a paso son de 20 points.
Bicos mil wapos.
Mil grazas!!
Eliminar