martes, 18 de outubro de 2016

Bocadillo vegano de salchichas

Bo día, bolboreteir@s! Quen dixo que coa dieta vegana non se podían desfrutar tamén da comida rápida? De feito é moito máis recomendábel no tocante á saúde pois afastámonos de certas graxas e está igualmente bo, cun sabor diferente pois non se trata de imitar a carne, mais tremendamente bo.
Así pensando... non coñecemos ningún restaurante vegano de comida rápida mais... ollo, sería un lugar de manxares e ingredientes do máis variados. No día a día percibimos como cada vez existen máis persoas que optan por esta alimentación e de feito percibimos que cada vez que penduramos unha receita deste estilo ten moi boa acollida como o polbo vegano ou os petiscos crocantes de pataca doce.
Con todo, parece difícil imaxinarmos certos pratos que tradicionalmente xiran arredor da carne desde unha perspectiva completamente diferente, mais é posíbel reparándomos nas posibilidades das nosas verduras.
Aínda non sendo veganos, adoramos a proba de receitas coma esta que permiten unha alimentación variada e completa e que ademais nos parece do máis divertida, imaxinando e creando para tecer novas posibilidades alimenticias. Aí vai, pois, este cachorro quente vegano.


Bocadillo vegano de salchichas


Ingredientes:


  • Boliños para as salchichas
  • 1 cunca de garavanzos cocidos
  • 1 cenoria
  • 1/2 cebola
  • 1/4 de cunca de pan relado
  • 4 culleradas de remolachas relada
  • Pirixel
  • Aceite de oliva
  • Para acompañar: guacamole (opcional)


Utensilios: unha picadora, papel transparente, unha tixola, un coitelo e un prato. 


Elaboración:

Para comezarmos, botamos no vaso da picadora os garavanzos cocidos, a cenoria cortada en lascas, a remolacha, a cebola, tamén picada, o pan relado e o pirixel. 








Trituramos moi ben até obter unha pasta homoxénea. 


Traballámola moi ben coas mans para ir formando as salchichas. Se se vos desfán un pouco, podedes engadir máis pan relado. Envolvemos o prato con papel transparente e refrixeramos 30 minutos.


Pasado ese tempo, fritímolas en dúas culleradas de aceite, até que se fagan ben por todos os lados. 



Para montar os bocadillos, abrimos o pan, colocamos a salchicha e salseamos co guacamole. 



E montado o noso bocata, xa estaría preparado para comer! Agardamos que vos guste! 


É ou non unha posibilidade a ter en conta sexamos ou non vegan@s? Para confirmalo non tedes máis que o pór en práctica un día destes (non fagades só un porque non ides resistir a tentación de repetir) e desfrutar rompendo a imaxe que tiñades dos hot dogs cun conxunto de ingredientes ben diferentes que dan para un sabor exquisito nunha cea lixeira e super saudábel. Xa nos contaredes que tal, amig@s! Lémonos!

10 comentarios:

  1. Não são ingredientes que conheça bem, já explorei alguns doces mas não muito mais. Já existe felizmente bastante oferta hoje em dia. O aspecto está bem bom!


    Beijinhos Ana
    http://acasinhadasbolachas.blogspot.pt/

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahaha, tens razão, já há muitas coisas, mas com estes ingredientes podes fazer receitas muitos boas.
      Muito obrigados pelas tuas palabras!
      Apertas

      Eliminar
  2. Como ben dixen no facebook, Love, love infinitérrimo!!! :-)
    Fareino, fareino sen dúbida.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois xa nos contarás que tal, aínda que seguro que che encanta!! Alegrámonos moito de que che guste esta receita!!
      Un bico!!

      Eliminar
  3. un bocadillo para hacerle la ola ! que bueno! biquiños

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas! Alégranos que che guste!!
      Unha aperta! 😊

      Eliminar
  4. Encántame, receita vegana e en galego! Haberá que probalo, apertas :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O galego é fundamental para as nosas receitas ;) Alégranos moito de que che guste a receita, xa nos contarás que tal!
      Moitísimas grazas,
      Un bico

      Eliminar
  5. Uummmmmmm que rico pena de no poder meter la mano y llevarmelo para la meriendacena que hoy tarabajo de tarde ,te ha quedado de relujo.
    Bicos mil wapos.

    ResponderEliminar