martes, 26 de abril de 2016

Polbo vegano

Que gusto vermos este sol inundar de luz as nosas paisaxes, parece que sube o ánimo a unha velocidade imparábel. Xa vai quedando menos para esas xornadas de collermos o tupper e saírmos xantar ao parque ou á praia un pratiño ben fresco. Canto nos gusta!
Mentres tanto, seguimos argallando. E cumprimos unha débeda que tiñamos pendente de hai case un ano. Unha amiga e seguidora de Bolboretas no bandullo, enviounos ao Facebook hai xa ben tempo un prato que nos deixou coa boca aberta. Por un lado por como se xoga coa técnica do engano e das similitudes, e por outro por coñecermos máis da alimentación vegana, que segue a ficar moi descoñecida para nós.
Supomos que os máis puristas rexeitarán todo aquilo que se chame polbo e non o sexa, mais convén de cando en vez abrirmos a mente e ollarmos outras posibilidades, que son enxeñosas e moi moi saborosas.
Parece un oxímoro iso de polbo vegano, mais esa denominación é a que conleva o efecto sorpresa no momento de nos achegarmos ao prato e de lle meter o dente. O sabor non é o mesmo, mais si se logran matices e texturas moi moi semellantes. E aparentemente, xa vedes.
A nosa amiga vegana gusta deste prato e destácao como "saudábel, saboroso e libre de crueldade cos animais". Confirmamos moi alegremente e engadimos que algo máis económico tamén :-)

Polbo vegano


Ingredientes (para 2-3 persoas): 

  • 2- 3 patacas medianas
  • 15-18 cogomelos xitaque
  • Pemento doce
  • Pemento picante
  • Sal
  • Aceite de oliva
  • Auga


Utensilios: unha pota, un prato para presentar e un coitelo. 

Elaboración:


Para comezarmos, temos de limpar e cortar en anacos os cogomelos xitaque. 


Botámolos nunha pota con abundante auga quente e deixamos que fervan durante 5 minutos. 

Mentres tanto, pelamos e cortamos as patacas en cachelos. 


De seguir, engadimos as patacas e salgamos ao noso gusto. 


Cocemos todo xunto até que as patacas estean brandiñas, sobre 10-15 minutos.  


Botamos no prato en que o imos presentar, nós escollimos un de madeira típico das tabernas, e aliñamos con aceite, pemento doce, pemento picante e sal, todo ao noso gusto. 


E xa estaría listo para comer! Agardamos que vos guste. 


Imposíbel non sorprender con un prato así. Aquí nada quedou. E ademais, xa vedes que non leva uns grandes tempos de cocción senón que todo se desenvolve en simples e breves pasos.
Agardamos hoxe satisfacer @s nos@s seguidores vegan@s, que en ocasións fican un pouco esquecid@s. De seguro que ten éxito e traemos novos pratos coma este.
Por certo, atent@s ás redes, que esta semana imos ir comentando novidades dese congreso de "Gastronomía y Comunicación 2,0" que temos a finais de semana. Agardamos impacientes. Unha forte aperta!!

8 comentarios:

  1. jajaja! me encanta! y tiene que estar de miedo! bicos

    ResponderEliminar
  2. jajaja! me encanta! y tiene que estar de miedo! bicos

    ResponderEliminar
  3. Anda mira que orixinal!!, esto hay que probalo.

    Bicossss

    ResponderEliminar
  4. Anda mira que orixinal!!, esto hay que probalo.

    Bicossss

    ResponderEliminar
  5. Cosa mas rica madre seguro que estaba de rexupete no lo siguiente ,te ha quedado un plato de relujo y da el pego totalmente ,tengo que hacerlo un dia.
    Bicos mil y feliz finde wapa.

    ResponderEliminar