sábado, 30 de abril de 2016

Tortaletas de paté de cangarexo

Aínda estamos emocionados co que vivimos estes dous días no EcomGastro2016, mais xa volo contaremos todo detalladamente nun artigo. O que vos adiantamos é que o pasamos de fábula e que aprendimos moitísimo con xente incríbel. O resto xa o iríades vendo polas RRSS.
Mais a vida segue e nós para diante, con novas receitas que vos sigan mantendo aí, próximos e fieis a Bolboretas no bandullo. Como sempre dicimos, sodes o verdadeiro motor disto. Se non houber quen lese, dificilmente tería sentido...
E continuamos cun aperitivo ideal para unha cea de convidad@s, un entrante para ir abrindo apetito mais sen pasar desapercibido posto que estas tortaletas teñen un sabor moi característico e convidan a comer máis dunha.
Ademais, cumpre outro dos requisitos para unha cea deste estilo: a perda de pouco tempo. Se queremos desenvolver un menú de relevancia, non podemos investir demasiado tempo nos petiscos, así que aquí vedes un exemplo de como con pouco esforzo, logramos unha delicatessen.

Tortaletas de paté de cangarexo


Ingredientes:

  • 16 tortaletas
  • 8 paíños de surimi
  • 1/2 cebola
  • 3 culleradas de maionesa
  • Pirixel
  • Pementa moída
  • Sal


Utensilios: batedor eléctrico, vaso do batedor, manga pasteleira e un bico estrelado.

Elaboración:

Para comezarmos temos de picar o surimi e a cebola.



Engadímoslle a maionesa, a pementa moída e o sal. 


O pirixel ao gusto. 


E trituramos co batedor. 


Metemos a mestura na manga pasteleira co bico e reenchemos as tortaletas (podedes utilizar unha culler se o preferides).


Colocamos as tortaletas nun prato. 


Decoramos cun chisco máis de pirixel e refrixeramos, como mínimo, 1 hora. E xa están listas para comer! 


Védelos apetitosos? Pois aínda ganan máis en sabor. Destes bocadiños que dis ao probalos: uohhh! Nós fixémolos pensando en que chegaran para máis dunha vez. Porén, dunha volta desapareceron. Colle un de aquí, outro de acolá, e claro... pasa o que ten que pasar. Iso si, pasan á listaxe de condenados a se repetir canto antes. Non habemos de tardar.
Ou váisenos adiantar algún de vós? Posibelmente. Xa agardamos a que nos comentedes que tal e que enviedes foto do resultado.
Unha grandísima aperta e grazas por estardes sempre aí.

3 comentarios:

  1. Como no estare pendiente de ese articulo ,fui viendo alguna foto en facebook e Instagran seguro que lo pasateis genial en el EcomGastro2016.
    Uummmmmm que ricas tenian que estar las tartaletas con el pate de cangrejo no hay mas que ver las fotos no dejan de decirme comeme , te han quedado de relujo no lo siguiente, ademas son muy faciles de hacer.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sii, xa estamos traballando nel 😉!!
      As tortaletas son xeniais, seguro que nos sacan de moitos apuros!!! 😂😂
      Mil bicos!!

      Eliminar
  2. Get a $200 Bonus at Harrah's Casino in Las Vegas
    The new Harrah's Casino is one of the most 출장안마 well-known Las Vegas-style casino resorts. aprcasino It features 메이피로출장마사지 a full-service spa, a https://sol.edu.kg/ full-service spa 바카라사이트 and

    ResponderEliminar