martes, 3 de maio de 2016

Biscoito de espelta con papaia e banana

Vén o sol e veñen as ganas de produtos de tempada, frescos. Apetecen cada vez máis as froitas. E aí por sorte temos onde escoller, ben para as degustar por si soas, que xa son un manxar, ou ben para facermos larpeiradas algo máis saudábeis.
E esta quedou para non deixar migalla. O que máis chama a atención é a súa esponxosidade e o ben que se conserva a pesar do paso dos días. Nós preparámolo o pasado luns e os últimos anacos que quedaban a final de semana estaban igual que o primeiro día. E isto simplemente deixándoo protexido no forno.
Por aquí papouse só, con crema de cacao, mollado en leite... de mil xeitos e igualmente exitoso en todas. Nós que temos algo aborrecido o biscoito tradicional de iogur, agradecemos moitísimo estas novas posibilidades. De feito, é raro que repitamos biscoito, mais con este talvez teñamos que facer unha excepción...

Biscoito de espelta con papaia e banana


Ingredientes:

  • 200 gr de papaia
  • 2 bananas
  • 150 gr de fariña de espelta   
  • 100 gr de azucre
  • 3 ovos
  • 1/2 vaso de aceite
  • 1 sobre de lévedo
Utensilios: un batedor eléctrico, o vaso do batedor, unha cunca grande, un molde e unha espátula ou batedor manual.

Elaboración:

Para comezarmos, troceamos as froitas e colocámolas no vaso do batedor. 

Engadimos o aceite e o azucre. 




Trituramos até termos un puré. 


Agregámoslle os ovos e o lévedo e mesturamos moi ben. 


Despois a fariña e seguimos mesturando. 



Botamos a mestura no molde. 



Enfornamos a 170º, calor abaixo e  ventilador, durante, aproximadamente, 40 minutos. Deixamos que arrefríe, deslmoldamos e xa está listo para comer! 


Como vedes, un doce delicioso, rápido de facer e moi saudábel. E non vos ha de supor traballo ningún porque quen vos ha enseñar a vós a facer biscoitos? Ningúen! É cuestión de ofrecermos alternativas e outras posibilidades para que cada quen vaia escollendo. Iso si, esta recomendámosvola moi encarecidamente. E senón, probade e xa nos diredes.
Fortísimas apertas, lambonciñ@s! Lémonos :-)


6 comentarios:

  1. Aun no he echo nada con harina de espelta y no sera por que se me antoje todo lo que veo echo con ella seguro que ese bizcocho estaba de muerte relenta no lo siguiente yo tengo uno pendiente de publicar con platano y chocolate blanco asi que me imagino oomo tenia que estar este con el platano y la papaya.
    Como siempre receta y fotos del paso a paso son de 20 points.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A fariña de espelta dá moito xogo na cociña, seguro que cando probes, repites 😜
      Uff... Agardamos impacientes ese biscoito!!
      Apertas e grazas 😍😍

      Eliminar
  2. Pois un bizcoito así, non o proveí nunca, pero tomo nota que pinta la mar de rico.

    bicoss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Seguro que che encanta!! A nós sorprendeunos moito!!
      Mil grazas 😘😘😘

      Eliminar
  3. É o primeiro biscoito que vexo con papaia, de seguro estaba riquísimo. Moi sorprendente, unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, dálle un toque moi fresco e fai que o biscoito sexa moi saboroso!!
      Grazas por pasarte por aquí, mil bicos 😋

      Eliminar