sábado, 23 de abril de 2016

Costelas con salsa barbacoa

Benqueridos amigos e amiga, chegou o día preferido da semana. Xa é fin de semana e por riba, nova receita de Bolboretas no bandullo de agasallo, ideal para afrontar con forza a última semana de abril.
E tiramos unha outra vez de clásico. Xa sabedes que gustamos da combinación entre pratos máis tradicionais e outros innovadores. Pois ben, a costela con salsa barbacoa é unha receita que, non sendo propia de Galiza, nin moito menos, todo o mundo coñece. Principalmente por ese mollo característico que normalmente mercamos no supermercado mais que desde hoxe seguro que o deixades para o facer na casa.
De feito, a salsa barbacoa é unha das nosas salsas preferidas e críamos que xa ía sendo hora de nos animar con ela. Ademais, que sempre nos chamou moito a atención os elementos que dela formaban parte (coca-cola, mel, vinagre...). Soa estraño, haha.
E como as salsas de por si soas perden sentido, optamos por ir ao seguro cunha costela de porco. Pouco vos podemos dicir, cremos que xa intuídes o resultado :-)

Costelas con salsa barcaboa

Ingredientes:

Para a costela:
  • 2 tiras de costela
  • Pementa moída 
  • Sal
Para a salsa barbacoa:
  • 1 cebola 
  • 4 dentes de allo
  • 1 vaso e medio de Kétchup
  • 3 culleradas de mostaza
  • 3 culleradas de mel
  • 3 culleradas de vinagre
  • 3 culleradas de Coca-cola
  • 2-3 culleradas de aceite
  • O zume de un limón

Utensilios: unha tixola, unha bandexa apta para o forno, un coitelo e unhas culleres.

Elaboración:

Para comezarmos temos que facer a salsa barbacoa. Rustrimos en dúas culleradas de aceite a cebola e o allo ben picadiños durante 5-7 minutos. 


De seguir, engadimos o kétchup e mesturamos moi ben. 






Botamos a mostaza e o mel, mesturamos de novo. 










Despois, agregamos o vinagre, a Coca-cola e o zume de limón. 


Por último, salpementamos e mesturamos moi ben. Retiramos do lume e reservamos. 


Mentres arrefría un pouco a salsa barbacoa, cortamos en anacos de 2-3 ósos as tiras de costela e adobámolas con pementa moída e sal ao gusto. 


Botamos a salsa sobre elas e mesturamos moi ben para que queden ben impregnadas. 





Enfornamos a 200º, calor abaixo e gratinador, durante, aproximadamente, 1 hora e 15 minutos. Lembrade que á metade de cocción, debemos darlle a volta á costela. 


E  xa estaría preparada para comer! Agardamos que vos guste. 

Non é o prato máis fermoso do mundo, mais iso non evivta que sexa unha delicia para lamber os dedos, e nunca mellor dito porque... non seredes dos que comedes a costela con coitelo e garfo, non? Mirade que coa salsa barbacoa aínda saben mellor os dedos, haha.
Agardamos que vos pareza unha boa opción para incluírdes no voso menú e que nos contedes o éxito que obtivo nos vosos fogares. Unha grande aperta, amig@s!

6 comentarios:

  1. nos encantan las costillas y con esa salsita estan de muerte!! bicos

    ResponderEliminar
  2. As costelas na casa sempre gustan moito, así que con unha salsiña como esta, seguro que ainda nos maís.

    bicosss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois se probades xa nos contaredes... Seguro que vos encantan!
      Mil bicos e grazas por pasarte!

      Eliminar
  3. Uummmmmmmmmmmmm que ricas hace tiempo que no las hago y al ver estas tuyas se me han antojado ,te han quedado de relujo.
    Bicos mil wapisima.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahahaha, entón estamos cumplindo cos obxectivos!!
      Mil bicos e moitas grazas!

      Eliminar