De novo, presentámosvos unha receita fugaz. Un batido de froitas e verduras moi saudábel e nutritivo, perfecto para tomar a media mañá, á merenda ou mesmo como acompañante do almorzo.
Nunha dieta equilibrada debemos tomar, polo menos, 5 pezas de froita e verdura ao día, e moitas veces faise complexo por moitos motivos, por iso, estas bebidas se converten nunha solución posto que mesturamos nun batido todos eses elementos. Ademais son perfectos para @s pequen@s da casa debido a que, en moitas ocasións, cústalles comer este tipo de alimentos e así o farán ledamente.
Aquí propóñovos este smoothie en concreto, mais cadaquén pode escoller os ingredientes que máis lle gusten (froitas vermellas, pera, plátano, iogur, leite...). E se vos pracen este tipo de receitas, non dubidedes en dicilo, para mostrarvos máis exemplos destes fantásticos batidos que nos encantan. Coméntadenos as vosas suxerencias!!

Smoothie
Elaboración:
Para comezarmos, temos que pelar a cenoria e a mazá e cortalas en anacos; ademais de lavar as espinacas.
De seguir, no vaso do batedor botamos a cenoria, a mazá, as espinacas, o xeo e o zume. Batemos.
Batemos, servimos e a desfrutar! Xa vedes, un batido sinxelo de facer e totalmente personalizábel ;-)
Ningún comentario:
Publicar un comentario