Amosando publicacións coa etiqueta trufas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta trufas. Amosar todas as publicacións

martes, 24 de decembro de 2019

Pequetrufas

Bo día, bolboreteir@s! Aquí estamos nun dos días máis especiais do ano traéndovos unha receita ideal para preparar cos reis da casa, polo menos nestes días. Andabamos argallando nestes días lambetadas deste tipo para aquelas xornadas en que nos toca cociñar cos máis pequen@s e demos con esta idea, sumamente sinxela. Iso si, para días especiais pois como vedes non é a merenda ou sobremesa máis saudábel do mundo.
Iso si, sabemos que garanten un momento moi divertido de amasado e triturado e sen ningún tipo de risco. De feito, aquí poden encargarse practicamente da totalidade das tarefas. O noso non, que ten catro meses, pero para @s que comezan na cociña resulta do máis axeitada.




Pequetrufas



Ingredientes (para 10 trufas):


  • 7 galletas Príncipe

domingo, 17 de maio de 2015

Trufas

Avisavamos onte polas redes sociais da mudanza de rutina nesta fin de semana canto ao día de publicación. E o motivo non é outro que o de coincidirmos co Día das nosas letras. Non podemos esquecer a primeira motivación na creación deste blogue, a de colaborarmos coa normalización do idioma e co seu uso en todos os ámbitos, fixándomonos nós no gastronómico. E ese segue a ser o noso gran obxectivo, traervos con frecuencia as diversas receitas que preparamos e facelo no idioma que nos corresponde como galegos.
Ben, a pesar de que este ano non traemos un prato especial en honra ao homenaxeado (como si fixeramos o ano pasado: Torta de millo de Guitiriz) por non concordarmos coa súa elección, si queriamos aproveitar para adozar un pouco o día das nosas letras, e facémolo cunha sobremesa que até o de agora non vos presentáramos, mais que foi das primeiras que aprendimos a facer xa hai ben tempo. Un recurso que adoramos facer de vez en cando. Agardamos que vos guste a receita e tamén o poema que vos deixamos abaixo:

Trufas

Ingredientes (para 55-60 trufas):
  • 600 gr de chocolate fondente
  • 500 ml de nata
  • 50 ml de coñac
  • Para decorar: fideos de chocolate, cacao en po, boliñas de azucre, améndoas picadas...