Avisavamos onte polas redes sociais da mudanza de rutina nesta fin de semana canto ao día de publicación. E o motivo non é outro que o de coincidirmos co Día das nosas letras. Non podemos esquecer a primeira motivación na creación deste blogue, a de colaborarmos coa normalización do idioma e co seu uso en todos os ámbitos, fixándomonos nós no gastronómico. E ese segue a ser o noso gran obxectivo, traervos con frecuencia as diversas receitas que preparamos e facelo no idioma que nos corresponde como galegos.
Ben, a pesar de que este ano non traemos un prato especial en honra ao homenaxeado (como si fixeramos o ano pasado: Torta de millo de Guitiriz) por non concordarmos coa súa elección, si queriamos aproveitar para adozar un pouco o día das nosas letras, e facémolo cunha sobremesa que até o de agora non vos presentáramos, mais que foi das primeiras que aprendimos a facer xa hai ben tempo. Un recurso que adoramos facer de vez en cando. Agardamos que vos guste a receita e tamén o poema que vos deixamos abaixo:

Trufas
- 600 gr de chocolate fondente
- 500 ml de nata
- 50 ml de coñac
- Para decorar: fideos de chocolate, cacao en po, boliñas de azucre, améndoas picadas...