Bo día, bolboreteir@s! Aquí estamos nun dos días máis especiais do ano traéndovos unha receita ideal para preparar cos reis da casa, polo menos nestes días. Andabamos argallando nestes días lambetadas deste tipo para aquelas xornadas en que nos toca cociñar cos máis pequen@s e demos con esta idea, sumamente sinxela. Iso si, para días especiais pois como vedes non é a merenda ou sobremesa máis saudábel do mundo.
Iso si, sabemos que garanten un momento moi divertido de amasado e triturado e sen ningún tipo de risco. De feito, aquí poden encargarse practicamente da totalidade das tarefas. O noso non, que ten catro meses, pero para @s que comezan na cociña resulta do máis axeitada.
Pequetrufas
Ingredientes (para 10 trufas):
Utensilios: unha picadora, unha cunca e unha culler.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de triturar as galletas Príncipe.
Engadímoslles o leite condensado, cullerada a cullerada, e imos mesturando até obter un masa compacta.
Facemos boliñas coa axuda das mans.
Pasámolas por boliñas de cores, cacao ou coco relado.
E xa estarían listas para comer!
Difícil facer máis con menos, verdade. Aquí pasamos xenial facéndoas e estamos desexando poñelas en práctica co Xiao. Haberá que esperar aínda uns aniños, hehe. Mentres tanto, igual lle damos proveito nalgún dos obradoiros de Cociñando con Bolboretas no bandullo.
Aperta forte e moi bo Nadal, amig@s!
Felices Festas. Ana
ResponderEliminarIgualmente 😍
EliminarSoanme as tripas!
ResponderEliminar