Amosando publicacións coa etiqueta roscón de reis. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta roscón de reis. Amosar todas as publicacións

martes, 3 de xaneiro de 2023

Roscón "Pink Velvet"

Feliz 2023, bolboreteirxs! Esperamos que este ano veña cargado de moita felicidade e que todos os vosos desexos se cumpran 🥰❣️ Nós esperamos seguir acompañándovos un ano máis e que as nosas receitas vos gusten e as poñades en práctica 😉.
Primeira receita do ano e, como non podía ser doutra forma, traémosvos unha nova versión do Roscón de Reis 👑. Xa sabedes que tedes a versión clásica, unha das máis lida do noso blogue, e a versión chocolateada.  A torta "Red Velvet" é unha das nosas favoritas e cando lle vimos a Alma Obregón a receita deste delicioso Roscón non dubidamos en poñela en práctica. Veña! Tomade nota, que aínda nos dá tempo de facelo para a noite do 5 ou o almorzo do 6. 



Roscón "Pink Velvet"



Ingredientes:

  • 415 g de fariña de forza
  • 160 ml de leite
  • 90 g de azucre 
  • 60 g de manteiga
  • 7 g de lévedo seco de panadaría      
  • 2 ovos
  • 3 culleradas de esencia de vainilla
  • 1 cullerada de cacao puro

venres, 16 de decembro de 2016

Na Mesa de Natal Não Pode Faltar: Roscón de chocolate

Menin@s! Lanzáronnos un reto desde Portugal para este Nadal e nós recollímolo con moi bo gusto pois adoramos esta época do ano no que a gastronomía xoga un papel tan relevante.  A idea xurdiu de A casinha das bolachas con quen xa colaboramos na nosa sección "Bitácoras de aquí e acolá". Ben, pois desde comezo de mes, diferentes blogues nominados están a publicar receitas natalicias e a responder a un cuestionario que Ana nos preparou. Estamos acostumados a preparar nós as receitas para o Bolboreteando aínda que desta volta tócanos o papel inverso, o de responder.
Deixámosvos pois con este fermoso reto e cunha receita especial para chocolateir@s nestas vindeiras datas.

Na Mesa de Natal Não Pode Faltar... 

  • Quem está por de trás deste blogue?
    • Diana e David, unha parella de filolólogos, namorados desde 2005, con paixón pola gastronomía. 
  • Quando surgiu o gosto pela culinária?
    • É continuo e progresivo desde a infancia, adoptando un papel activo nos últimos 8 anos.
  • Quando e como surgiu o blogue?
    • O 30 de decembro de 2013, para combinar as dúas paixóns, as letras e a gastronomía. 
  • Gostas desta época do ano? Se sim do que mais gostas?
    • Si, nesta época desfrutamos moitísimo, tanto do ambiente natalicio, do clima, coma das receitas típicas.