Váisenos escapando progresivamente o verán mais ímolo deixando bocadiño a bocadiño, coas últimas celebracions e coas últimas comiolas. Traemos pois unha receita espectacular desta tempada.
Unha torta fresca e deliciosa para deixar cun bo sabor de boca unha comida de amizades ou familiar, ou para almozar, merendar… en realidade, está saborosísima en todos os momentos do día.
O que tiñamos claro cando matinamos nesta sobremesa é que nos apetecía unha sobremesa que non nos empachara e que deixase ese matiz de frescura que procuramos no verán. Así que limón ou lima tiñan moitos números de ser a protagonista optando finalmente pola segunda.

