Váisenos escapando progresivamente o verán mais ímolo deixando bocadiño a bocadiño, coas últimas celebracions e coas últimas comiolas. Traemos pois unha receita espectacular desta tempada.
Unha torta fresca e deliciosa para deixar cun bo sabor de boca unha comida de amizades ou familiar, ou para almozar, merendar… en realidade, está saborosísima en todos os momentos do día.
O que tiñamos claro cando matinamos nesta sobremesa é que nos apetecía unha sobremesa que non nos empachara e que deixase ese matiz de frescura que procuramos no verán. Así que limón ou lima tiñan moitos números de ser a protagonista optando finalmente pola segunda.
Non nos engrellamos máis. Aquí a tedes.
Torta de lima
Ingredientes:
Para a base da torta:
Para o recheo:
Para decorar:
- 3 claras de ovo
- 180 g de azucre
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer a base da nosa torta. Para iso, trituramos as galletas, mesturámolas co azucre e engadimos a manteiga derretida.
Estendemos a mestura no fondo do molde e un pouco polos laterais. Refrixeramos.
Para a crema, batemos as xemas até que dupliquen o seu tamaño.
Agregamos o leite condensado e mesturamos moi ben.
Botamos o zume de lima e a reladura da pel. Remexemos moi ben até que se integren, a textura será coma un iogur.
Vertemos a crema no molde e enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo, durante 20 minutos.
Deixamos arrefriar totalmente e refrixeramos toda unha noite.
Para a decoración, temos que quentar as claras co azucre ao baño María até que se funda totalmente o azucre. Seguidamente, montamos a punto de neve e decoramos coa axuda dunha manga pasteleira e un bico.
E xa estaría lista para comer!
Agardamos que vos guste esta deliciosa torta, que é adictiva, quedades avisadxs, bolboreteirxs!
Aperta forte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario