martes, 22 de novembro de 2022

Cornos de Oreo e chocolate branco

Que tal, Bolboreteirxs? Este primeiro trimestre do curso está voando e xa temos aí o Nadal. Nós xa estamos a tope porque nos encanta está época do ano, e tamén andamos pensando no menú das festas, e as lambonadas, que non poden faltar. 
Estes cornos poder ser unha boa idea para un almorzo/merenda para desfrutar en familia ou coas amizades, e podémolo facer máis natalicio cambiando o chocolate branco por turrón! Asegurámosvos que son uns bocados deliciosos, e adictivos! Aí vai a receita. 



Cornos de Oreo e chocolate branco




Ingredientes:

  • 1 lámina de follado 
  • 8-9 galletas Oreo 
  • 6 onzas de chocolate branco 
  • 1 ovo 








Utensilios: unha bandexa de forno cuberta con papel vexetal, un cortador ou un coitelo e un pincel. 



Elaboración:

Para comezarmos, temos de estirar a masa de follado e cortala en triángulos. Reservamos. 


De seguir, trituramos as galletas e empoamos o follado con elas. Reservamos 1/3 das galletas. 


Colocamos unha onza do chocolate na parte larga dos triángulos. 


Enrolamos os triángulos, emoezando pola parte larga. 


Pintamos co ovo batido e botamos o resto das galletas. 


Enfornamos a 220, calor arriba e abaixo, durante 15-20minuto, até que os cornos estean dourados. 


E xa estarían listos para comer! Desta volta, quentiños son máis saborosos e así o chocolate vai estar derretido. 


Como vedes, unha lambonada moi fácil mais moi moi saborosa, que se fan nun momentiño. Se probades estes cornos, non poderedes deixar de facelos 👩🏼‍🍳🤩! Agardamos que vos gustase e que nos contedes se os facedes. Apertas, bolboreteirxs! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario