Bo día larpeir@s!! Estades preparados para unha nova dozura?? Xa dabamos por perdidos os días de calor en que apetecen alimentos frescos, mais como esta semana tivemos moi boas xornadas, decidimos elaborar unha torta lixeira e cunha frescura inigualábel. E para iso decidimos coller produtos cos que aínda non traballáramos: a sandía e a lima. Ben, explicámosvos. A idea era sorprender a un amigo que estaba de aniversario cunha torta dunha das súas froitas preferidas, a sandía. Porén, queriamos contar coa lima para lle dar un toque aínda máis novidoso e suave, mais nun segundo plano. Pois o sorprendente foi que este froito se rebelou e acabou tendo tanto protagonismo como o outro ficando unha combinación abraiante!
E a verdade, quedamos moi moi contentos porque non tiñamos moito coñecemento do resultado da lima. Foi tal o éxito, que xa queda pendente un doce próximo en que o coloquemos como elemento referente.
Ademais, tiñamos outro reto, elaborar unha mousse mais sen ovos pensando naquelas persoas alérxicas. E vaia se o conseguimos. Quen estreaba anos gabouse de ter un agasallo tan saboroso! :-)
Mousse de lima e sandía
Ingredientes:
- 400 gr de galletas
- 150 gr de manteiga
Para a mousse:
- 1 kg de sandía sen pebidas
- 200 ml de nata [Feiraco;-)]
- 50 gr de azucre
- 22 gr láminas de xelatina neutra
- 1 lima (zume e reladura)
Para decorar: nata, colorante, figuriñas de azucre, gominolas...
Utensilios: molde 23 cm, batedor eléctrico, cunca, papel transparente, cazo, rolete ou picadora.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de cortar a sandía en anacos (sen pebidas, aínda que se pasa algunha non hai problema ningún), colocámola nunha cunca, engadímoslle o azucre. Tapamos con papel transparente e deixamos macerar 4-5 horas como mínimo, mellor unha noite.
Pasado ese tempo, temos de facer a base da torta. Para iso, derretemos a manteiga.
De seguir, trituramos as galletas, as que máis vos gusten, e mesturámolas coas galletas, até formar unha pasta, colocámola no fondo do molde e refrixeramos mentres facemos a mousse.
Para facer a mousse, temos de quitarlle o exceso de líquido á sandía e triturala co batedor (probade ese líquido sobrante. Algo doce de máis aínda que moi saboroso).
Separamos un vaso dela e reservámolo e, no resto da sandía, engadimos a reladura da lima e o zume.
Engadimos tamén a nata e volvemos bater. Deixamos repousar mentres preparamos a xelatina.
Poñemos as láminas de xelatina nun vaso con auga fría até que abranden, tardan sobre 5 minutos.
De seguir, quentamos nun cazo a sandía que reserváramos antes. Cando estea tépedo, engadimos a xelatina, ben escoada, e removemos até que se disolva completamente. Retiramos do lume.
Engadímoslla ao resto da sandía e volvemos bater. Deixamos repousar 10-15 minutos.
Botamos a mestura sobre a base de galleta e refrixeramos durante mínimo 6 horas para que calle.
Despois, podémola decorar con nata, nós tinguímola con colorante fucsia, figuras de azucre, algunha gominola ou co que se vos ocurra ;)
Desmoldámola e xa está lista para comer!
Agardamos que vos guste, mais temos por seguro que así será! A nós desde logo foi unha das que máis nos gustou das degustadas ultimamente por estar riquísima e por ser tan diferente. Esa galleta xunto á combinación sandía-lima resulta triunfante. E xa vedes que é moi sinxeliña. Ademais, animámosvos xa que agora está rematando o tempo das sandías e sería unha lástima ter que agardar até o ano para degustardes unha marabilla coma esta. Aí queda!
La sandia de por si no me hace mucha gracia pero no dudo que en esa fantastica mousse este de muerte relenta ,me llevo mi trocito para acompañar el cafe, te ha quedado de relujo.
ResponderEliminarBicos mil y feliz domingo wapa.
Moitísimas grazas! A verdade é que ten un sabor sorprendente, seguro que che gustaría!
EliminarUn bico e grazas por comentar!
Que bonita se ve y que rica tiene que estar! Me la llevo enterita que seguro la hago
ResponderEliminarUn abrazo
Perfecto, pois xa nos contarás!!
EliminarBicos!
me la imagino fresquita y deliciosa!! me encanta, bicos
ResponderEliminarSii, a verdade é que é moi fresca e moi saborosa, a lima dálle un toque moi especial!
EliminarBicos
me la imagino fresquita y deliciosa!! me encanta, bicos
ResponderEliminar