Bo día larpeir@s!! Estades preparados para unha nova dozura?? Xa dabamos por perdidos os días de calor en que apetecen alimentos frescos, mais como esta semana tivemos moi boas xornadas, decidimos elaborar unha torta lixeira e cunha frescura inigualábel. E para iso decidimos coller produtos cos que aínda non traballáramos: a sandía e a lima. Ben, explicámosvos. A idea era sorprender a un amigo que estaba de aniversario cunha torta dunha das súas froitas preferidas, a sandía. Porén, queriamos contar coa lima para lle dar un toque aínda máis novidoso e suave, mais nun segundo plano. Pois o sorprendente foi que este froito se rebelou e acabou tendo tanto protagonismo como o outro ficando unha combinación abraiante!
E a verdade, quedamos moi moi contentos porque non tiñamos moito coñecemento do resultado da lima. Foi tal o éxito, que xa queda pendente un doce próximo en que o coloquemos como elemento referente.
Ademais, tiñamos outro reto, elaborar unha mousse mais sen ovos pensando naquelas persoas alérxicas. E vaia se o conseguimos. Quen estreaba anos gabouse de ter un agasallo tan saboroso! :-)
Mousse de lima e sandía
Ingredientes:
- 400 gr de galletas
- 150 gr de manteiga
Para a mousse:
- 1 kg de sandía sen pebidas
- 200 ml de nata [Feiraco;-)]
