Bo día, bolboreteirxs! Aquí vos traemos unha nova receita moi saborosa, uns boliños de pan. Xa sabedes que na nosa casa somos moi panadeirxs e sempre andamos argallando para facer novas masas ou panes! E desta forma saíron estes boliños, que son deliciosos!
Como ides ver, son moi rápidos de facer e pódennos sacar dun apuro. De feito, nós sempre facemos de máis para ter gardados no conxelador e ter sempre pan na casa cando non temos tempo de ir á panadaría. E non podemos olvidar o pracer que dá facer pan caseiro e que a nosa casa quede impregnada dese delicioso olor.
Boliños de pan
Utensilios: unha cunca, unha espátula, unha bandexa apta para o forno e papel vexetal.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de mesturar todos os ingredientes. Primeiro, os secos, a fariña, o lévedo e o sal.
De seguir, agregamos a auga e o aove e mesturamos moi ben.
Pasado ese tempo, dividimos a masa en 4/5 boliños.
Enfornamos a 220º, calor arriba e abaixo, durante 20 minutos, ou até que vexamos que están dourados.
Probamos a cocer un na fritideira de aire a 180º durante 15 minutos e tamén quedou perfecto.
E xa estarían listos para comer!
Uns boliños que son moi sinxelos de facer, só temos que amasar e esperar un anaco para darlles forma. Son perfectos para comer como pan de hamburguesa ou, tamén, para reencher de chourizo, e facer boliños preñados, ou con bacon, queixo, verduras...
Pois iso, que agardamos que vos gusten e que os poñades en práctica.
Esperamos que vos resulten interesantes estas novas receitas que vos estamos compartindo e se tedes algunha idea, estamos encantadxs de lervos ;)!
Unha aperta forte! Lémonos, bolboreteirxs!
Ningún comentario:
Publicar un comentario