Bo día, bolboreteir@s! Como vai todo? Aquí andamos algo enleados ultimamente entre peque, exames e mudanzas pero tentamos seguir deixando canto menos un oco para a creación dunha receita nova a compartir con vós.
Desta volta, collemos unha idea da revista Lecturas Cocina que nos conquistou e que sabiamos que ía ser un acerto. Aínda que non contabamos que tanto. Nós gustamos moito deste tipo de pratos "de man" mais aquí utilizamos produtos nunca antes probados neles.
É certo que nos gustou tanto que como nos sobrou recheo, acabamos por comelo directamente, sen taco nin nada. Agora, é a vosa quenda!
Desta volta, collemos unha idea da revista Lecturas Cocina que nos conquistou e que sabiamos que ía ser un acerto. Aínda que non contabamos que tanto. Nós gustamos moito deste tipo de pratos "de man" mais aquí utilizamos produtos nunca antes probados neles.
É certo que nos gustou tanto que como nos sobrou recheo, acabamos por comelo directamente, sen taco nin nada. Agora, é a vosa quenda!
Tacos de coliflor
Ingredientes:
- Fariña
- Ovo
- Pan relado
Para a salsa:
- 1 iogur natural
- 3 culleradas de queixo crema
Utensilios: unha bandexa de forno e papel vexetal, unha táboa e un coitelo e unha prancha.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer o arroz blanco e reservamos. Mentres tanto, preparamos a coliflor. Cortámola en pequenas árbores e rebozámolos en fariña, ovo e pan relado.
Cortamos a cenoria en tiras e colocámola, xunto coa coliflor, nunha bandexa de forno cuberta con papel vexetal. Sazonamos as dúas verduras con allo, pementa e sal. Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante 30 minutos.
Mentres tanto, facemos a salsa. Para iso, só temos de mesturar o iogur co queixo crema. Nós escollemos un queixo ás finas herbas para darlle máis sabor.
A continuación, quentamos nunha prancha as tortillas de millo e agora temos dúas opcións. Deixalas arrefríar sobre un rolete e que collan a forma ou reenchelas na man mentres arrefrían e collen xa a forma. Para reenchelas, botamos unha cullerada de arroz.
Un chisco de leituga e unhas tiras de cenoria.
Un anaco da coliflor rebozada. Salseamos ao noso gusto e xa estarían listos para comer!
Agardamos que vos gusten e que poñades a receita en práctica. Como sempre, as probas saen moito mellor do que nós podemos proxectar nas nosas fotos. Recomendado 100%. Aperta forte, bolboreteir@s!
Pintaza tienen esos tacos no dudo lo mas minimo que esten de muerte relenta no lo siguiente a los ingredientes e imagenes me remito ,no dejan de decirme comeme.
ResponderEliminarBicos mil para los tres y feliz inicio de semana wapos.
Son deliciosos!!
EliminarApertas!