sábado, 29 de febreiro de 2020

Ensalada de garavanzos

Bo día, bolboreteir@s! Como levades a recuperación do Entroido? Ou o seu remate que aínda temos mañá Domingo de Piñata por algunhas terras. Nós vivimos un entroido máxico, na verdade, pois coñecemos, por fin, o da provincia de Ourense. Luns borralleiro por Laza (saímos vivos e sen formigas, si), martes de Entroido por Xinzo... Que país!
E claro, non papamos ben nin nada. Xa nos veriades a bica polo Instagram que nos durou apenas un día... E o cocido non faltou, por suposto. En Casa Elena, en Laza, para descansar entre os farrapos de lama e as formigas.
E despois de tanto exceso, había que compensar un pouquiño. Momento de ensalada entón. E claro, como fixeramos cocido na casa aínda tiñamos algún resto mais como iamos facer un prato lixeiro con sobras do cocido? Pois tiramos dos garavanzos para crear esta delicia!



Ensalada de garavanzos


Ingredientes:

  • Garavanzos
  • Follas variadas
  • Queixo feta
  • Olivas
  • Améndoas
Para o aliño:
  • 6 culleradas de aceite de oliva virxe extra
  • 2 culleradas de vinagre
  • 1 cullerada de mostaza
  • Pementa moída
  • Allo en po
  • Sal
Utensilios: unha cunca grande e unha pequena, unha culler e un garfo.



Elaboración:

Para comezarmos, poñemos na cunca grande o variado de follas e, de seguir, os garavanzos.



Agregamos as olivas, o queixo e as améndoas. Reservamos. 




Na cunca pequena, mesturamos todos os ingredientes do aliño e mesturamos moi moi ben. 



Botamos o aliño sobre a ensalada, mesturamos moi ben. 


E xa estaría lista para comer!


Que falta facía un prato así. Aínda que ben, non sei que dicimos de depurar cando mañá vaixamos a Lestedo até a Festa da Filloa. Ñam! E ollo, que Arzúa non queda lonxe e andan coa Festa do Queixo tamén. Ai, que lambóns estamos feitos, así non hai maneira, haha. Aperta forte, amig@s! 

2 comentarios:

  1. Bueno yo voy entre lambonada y lambonada asi que no hay forma de empezar a bajar los kg de las navidades y carnavales a ver si cuando pase semana santa empiezo la operacion biquini.
    Os ha quedado una ensalada de relujo y no dudo lo mas minimo que este de muerte relenta no lo siguiente.
    Bicos mil para los tres y feliz finde wapisim@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Os kg que aínda quedan do Nadal, Entroido... e agora co confinamento, non sabemos cando se van baixar!!
      Bicos!

      Eliminar