sábado, 8 de febreiro de 2020

Polo á mostardesa

Ola, bolboreteir@s!! Como vai todo? Por aquí andamos sacando oco para crear novas receitas do tempo que nos deixa o peque.
Hoxe presentamos unha receita ben sinxela que ten como ingrediente principal o polo, talvez un dos alimentos máis utilizados na rutina culinaria dos fogares de todo o país, principalmente por cuestións económicas claro. E é por iso que convén ter alternativas para non o aborrecer. 
Queriamos preparar un prato no que non se fixera seco, pois é un dos defectos que encontramos nalgún dos preparados desta carne. 
Así pois, xa probado isto, podemos dicir que de seco nada de nada. Todo o contrario. Ollade que apetitoso! 


Polo á mostardesa


Ingredientes:

  • 1 peituga de polo
  • 1 cebola
  • 1/2 cabaciña
  • 150 ml de viño branco
  • 50 g de queixo mozzarella
  • 3 culleradas de nata
  • 2 culleradas de mostaza
  • 2 culleradas de manteiga
  • Pementa moída
  • Sal

Utensilios: unha tixola, unha táboa e un coitelo e unha culler. 


Elaboración:


Para comezarmos, temos de derreter a manteiga e rustrir o polo nela. Salpementamos ao gusto. 


Cando estea dourado, agregamos a cebola e a cabaciña e cociñamos 5 minutos. 


Vertemos o viño e deixamos que ferva 2-3 minutos para que se evapore o alcol. 


Pasado ese tempo, botamos a nata, a mostaza e o queixo e cociñamos 7-8 minutos máis. 


Comprobamos se está ben salgado e xa estaría listo para comer! Pensabamos que fixeramos unha cantidade potente mais unha vez degustado non chegou a nadiña. Que sorpresa de receita. Agardamos que vós tamén lle tiredes utilidade.


2 comentarios:

  1. Uummmmmmmmm con lo que nos gusta el pollo y el calabacin en casa, no conocia esta receta y no se ve rico rico ,os ha quedado un plato de relujo para no variar.
    Bicos mil para los tres y feliz semana wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Intentado variar con ingredientes básico, descubrimos esta ricolada!
      Un bico!

      Eliminar