Bo día, bolboreteir@s! Como vai todo? Hoxe traemos unha receita diferente e case que estraña no noso blogue pois non adoitamos preparar moitos pratos da meseta peninsular. Porén, había tempo que tiñamos ganas de preparar unhas migas, que a verdade, gústannos moito.
Así pois, invesetigando un pouco pola rede, comprobamos que hai diferentes versións pero a da Mancha é unha das máis famosas (e tamén máis contundente). Vendo que gustabamos de case todos os ingredientes, pensamos que esta era a nosa! Iso si, adaptámolo ao noso xeito.
Esteticamente non é o prato máis fermoso do mundo mais xa sabedes que o importante está no sabor. E niso este prato vai moi sobrado como poderedes comprobar. Imos por el!

Migas manchegas
Ingredientes:
- 1 barra de pan do día anterior
- 300 g de zorza
- 8-10 lascas de bacon
- 2 dentes de allo
- Auga
- Aceite de oliva
Utensilios: unha fonte, unha tixola, un coitelo e unha culler.
Elaboración:
Para comezarmos, temos que desmiuzar o pan coas mans.
Botámoslle 1/2 vaso de auga para humedecelo. Remexemos moi ben e deixamos repousar 2 h. De cada pouco, dámoslle unhas voltas e, se vemos que se absorve toda a auga, engadimos unha pouca máis. Reservamos.
Cortamos o bacon en tiras e rustrímolo nunha tixola, sen aceite.
Cando empece a dourar, agregamos a zorza e fritimos até que ambos estean cociñados. Reservamos.
Nesa mesma tixola, agregamos 2 culleradas de aceite e botamos os dentes de allo, ben picados. Cando teñan algo de cor, agregamos as migas de pan.
Cociñámolas até que estean ben douradiñas.
Nese momento, agregamos a zorza e o bacon e mesturamos moi ben.
Cociñamos un par de minutos todo xunto e xa estarían listas para comer!
Agardamos que vos gusten e que poñades esta receita en práctica. Aínda que sexa por darlle unha segunda vida ao pan do día anterior. Por certo, canto nos gustan estes pratos de aproveitamento e a verdade é que en Galiza temos moitos, e varios que xiran arredor do pan. Lémonos, amig@s. Aperta forte!!
Ains mira que soy antojitos ,es ver estas migas y antojarseme ya uuuuumm seguro que están de rexupete 😋
ResponderEliminarComo siempre receta y fotos son de 20 points.
Bicos mil para los tres wap@s 😘
Siii! As migas son espectaculares! Desde que as probamos en Granada... son un vicio!
EliminarBicos!